10 ene 2010
Agustín Hernández: O AVE debe ser unha oportunidade para as cidades, e o primeiro é o soterramento das vías
Agustín Hernández ten nas mans unha das superconsellerías da Xunta: manda nas augas, nos residuos, no transporte, no urbanismo e no medio ambiente. Recoñece que hai que traballar moito, pero é divertido.
30 dic 2009
Ethel Vázquez Mourelle: Debemos de impor a cultura da auga que anime o uso racional e penalice o abusivo
Ethel Vázquez Mourelle, natural de Ponteceso, impúxose o reto de sanear as rías e a recuperación da calidade das augas. A presidenta de Augas de Galicia está persuadida de que falta concienciación medioambiental.
9 ago 2009
Samuel Juárez: Dinamizar o rural é máis que impulsar a agricultura
Samuel Juárez (La Bañeza, 1962) é o único conselleiro do Goberno de Núñez Feijóo que se queda sen vacacións. A máxima atención para os incendios forestais así o esixe. Veterinario de profesión, é un profundo coñecedor do sector agropecuario e pesqueiro.
12 jul 2009
Roberto Varela: A Consellería de Cultura e Turismo non pode quedar reducida a ser mero pagador
Estudou Filosofía e Relacións Internacionais. Políglota e cosmopolita, non podía escoller outro oficio que o de diplomático. Naceu no Salnés hai 50 anos e dende o mes de abril está ó frente da Consellería de Cultura chamado por Núñez Feijóo, que o rescatou do Consulado español de Nueva York, onde se encargaba dos asuntos culturais, ainda que estaba a punto de cambiar de destino.