Ramón Pastrana
Cortina
Quedamos en falar, hai uns días, para non andar de mal milk lembrando como se foi facendo a nosa cidade, alongándose, erguendo casas, ocupando lugares para instalacións de diversos usos onde realizar as súas aspiracións comerciais, de vivendas ou sabe Deus de que maneira tiña cada quen de entender a vida nesta nosa cidade que medraba e medraba materializando os seus desexos animados e axudados polos propios concelleiros e alcaldes que á súa vez instaban aos demáis promotores sociais a que puxesen toda a forza creativa no desenvolvemento da cidade viguesa e, naturalmente, aos bancos. (Ai, onde andarán, agora e como?
Pois aquí... E moi ben, home, que aínda estamos a falar dun Vigo dos principios anos do século XIX... Daquela os bancos tiñan cartos contantes e sonantes... Non como agora, que parece que teñen moita tela marinera... pero cortada, si, home...)
-Ben... Pero eu sei que daquela, o ano 1925,crebou o Banco de Vigo, -a historia é repetitiva-, e foi a de Deus. Pero vaia a cousa.. Siga... E diversións? Non había diversións? Non pensaban os vigueses novos en divertirse?- dixo don Verísimo, que seguro que xa o sabía pero para amosar o seu saber atacaba... Pero eu non lle deixei a entrada intelectual...
-Escoite, claveille a petición: O Teatro Tamberlick, estaba na rúa do Circo, hoxe Eduardo Iglesias Añino, Inaugurouno o famoso tenor Tamberlick, e logo? E acudían os veciños ata a espectáculos como a ópera. O Rosalía de Castro, primeiro chamado 'Cervantes', queimouse e nos terreos se levantou, obra do arquitecto Palacios, o García Barbón, que era un prócer dono dos terreos. O teatro, para a xente viguesa seguiu moito tempo co nome de Barbón, de boca a boca. A Caixa de Aforros viguesa fíxose co teatro, agora Centro Cultural de Caixa de Aforros ou Bankia, ou quen sabe no que parará ese lío en que meteu a toda Europa a xente que dirixe a Comunidade Eropea, que eles- viven tan ben, tan boísimamente ben. E ollo, porque e moi importante para Vigo mandar aínda que sexa un pouquiño, como agora nos cartos alleos ou propios. ..
(Seguiremos, tíos, dixo un castizo de hoxe.)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último