Outro home ilustre falecido en novembro

Publicado: 15 nov 2011 - 01:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:48

Hai uns días comentabamos na nosa tertulia que o mes de novembro soe levarse á xente conspicua. Coas presas esquecimos citar ao marqués de Mos e Valladares, don Fenando Quiñones de León y Elduayen.

Faleceu na mañá do 5 do mes de Santos no seu pazo de Castrelos. Nacera no 1883, estudiara Dereito en Valladolid e casou coa dama inglesa –viuva- dona Mariana Whyte Halberg, a cal volveu casar cun militar inglés.

Na esquela figuraban a desconsolada esposa a Excma Sra. Marquesa de Mos e Valladares, as súas irmáns condesa de Bañueios e dona Antonia Quiñones de León; a avoa, Marquesa viuva do Pazo da Mercede; os tíos Sres. Duque de Plasencia e don Cayo Quiñones de León, os Marque¬ses de Mochales e de Elduayen, e os irmáns políticos e outros parentes que como os anteriores pedían unha oración pola alma de don Fernando.

Era este un home culto e moi educado, xentil con todas as persoas que o coñeceron. Cóntase que se levaba moi ben cos obreiros que traballaban nas reformas do pazo e que el mesmo dirixíu a montaxe da electricidade que aquí instalaou.

Tamén era un home caritativo que socorría a moita xente da parroquia. No ano da súa morte, ben pouco antes, acudíu en auxilio das xentes da Illa de Ons, atacados da tremenda gripe de entón —a tráxica e tristemente sonada gripe do ano dezaoito na nosa provincia e en toda España, que nin tiñan mediciñas nin médico, mandándolles un facultativo e dúas mil pesetas (¡de entón!).

Desa gripe, anque seica a trouxo de Inglaterra, onde había pouco que estivera, morreu don Fernando. Xa pasara un mes mal e voltou a Vigo mellor, pero non puido ser. E aquí fnou ás tres e media do mencer do 5 de Santos. ¡Ditoso mes!

Fora o Marqués, en vida, Xentilhome de Cámara con exercicio, agregado honorario da embaixada española en Londres e promotor de actividades económicas e sociais.

O seu avó foi D. Xosé Elduayen, tan amante de Vigo, e o seu pai o Marqués de Alcedo, fixo doazón do Pazo de Castrelos ao Concello vigués.

(Mellor -dixeron D. Veríimo e Gorecho- tirar do calendario o mes de Santos.)

Contenido patrocinado

stats