Ramón Pastrana
Cortina
Imos rematar a historia longa- desta petición para que a bandeira de Galicia ondease no alto do Concello vigués, que traía a mal traer aos concelleiros que merecían ser definidos como os protagonistas de esa mentira que se conta de nós sobre a indecisión. Xa saben: que se preguntamos algo a un galego contestan: por unha parte xa o ves ti e por outra que queres que che diga. (Tan molesta como esa outra necedade que di que un de nós galego, imos-, se vai por unha escaleira non se sabe se sube ou baixa. Tópicos que hai que rachar e isto é o peor- que obriga deberiamos- a desbotar da nosa amizade a quen os repita como gracia babeca.)
E esta vez en xuntanza do 21 de Xulio do mesmo 1923 o Concello definiuse, tras escoitar numerosas declamacións patrióticas, chamadas acendidas, declaracións de principios
Pero aprobouse. A bandeira galega ondearía no ceo vigués nun mastro posto no edificio do Concello.
Foi clarificadora e concluinte a defensa do alcalde Gregorio Espino: Non hai razón de patriotismo para se opoñer a que a bandeira galega ondee cabo da espigón, porque non hai contradición entre o amor á Patria e o amor que temos á nosa rexión (ecléctico que era don Adolfo), como está demostrado na manifestación feita polo Rei don Alfonso XIII de que lle parece moi ben que a bandeira de España e a do Cataluña ondeen xuntas'.
Rematemos cos resultados: Porque non ondease a insignIa galega votaron: Lago Carrera e Gómez Román. Porque flamexaran as de Galicia, España e Vigo, o Sr. Goberna. Os demaisl por só as bandeiras de España e Galicia. (Ah, por ningunha, o Sr. Botana).
O día de Galicia alzáronse xuntas, a bandeira galega e a de España. Por certo que no expedente onde recollín todo isto figura un dibuxo da bandeira galega cos cores en paralelo, un debaixo do outro. O azul en riba. (Seica habería que mandala facer e a costureira precisaba dun deseño. Pensei eu.)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último