12 abr 2026

Yago Nogueira, o brigadista queimado no lume de Oímbra: “Se puidera volvería apagar os incendios"

O axudante de brigada, Yago Nogueira, foi valente no accidente rexistrado no lume de Monterrei e tamén agora que fala do que pasou en primeira persoa.

A cicatriz máis dolorosa que pode deixar un incendio está gravada na pel de Yago Nogueira Almeida (Bousés, 2006). Con só 18 anos, non dubidou en unirse a unha brigada forestal en Oímbra. O que non sabía era que viviría a peor vaga de incendios da historia de Ourense e que o custo sería tan elevado.