Ramón Pastrana
Cortina
Onte quedaramos mortiños de frío nunha terraza. Como o home e a única besta perdón: anmal queremos dicir- que cae dúas veces na mesma caragliata, voltamos á mesma terraza só que hoxe o dono ofreceunos unhas mantas qiue tiña postas nun mesal para quen fosen frioleiros. Pero nó$$s tomamos o brandi máis forte do establecemento e desbotamos as mantaas que amosan debilidfade fisica, e moral, ai, morales, morales, non si?
O Gorechiño seguiu contando:
-Tiñamos que entregar, tamén, 325.000 pesetas como subvención para a adquisición por parte do Ramo da Guerra do edificio do Banco de España, ese no que estivo o Reitorado, a Alcaldía, hoxe a Vicedeputación e outras institucións de menos calibre, explícome. No seu solar, construiríase un novo edifi¬cio para Goberno Militar e cuartel, relevando así ao Concello do compromiso de ceder gratuitamente, para goberno militar o solar sito no recanto da avenida de Xosé Antonio, -de novo, agora, Urzaiz-, e a Gran Vía do Xeneralísimo, hoxe sen Xeneralisimo, ata sabe Zeus cando.
-Non sexa gafe, dixemos ao unisono todos. Que cousas! Sigue e non asustes...
-Vou... Tamén acordou a Xunta de Acuartelamento que o Con¬cello devoltase aos veciños de Coia os terreos que lles expropia¬ran previo pago do que recibisen, se querían.
-Moi delicado, este detalle, ¿non si, don? criticou alguén, irónico
-Co ista nova proposta non se perxudicabann os intereses municipais pois antes custarían os compromisos 1.527.000 pe¬setas e agora só 1.325.000 pesetas. ¡Aforrábase! E, ademáis, devolvían ao pobo o que era do pobo. Total; Que lle demos os cartos aó Exército, que fixo o cuar¬tel de Barreiro e que, menos mal, non tiraron abaixo o edificio do Banco pois adaptárono as súas necesidades.
--E non nos pagaron, os nosos cartos?.
-Si. E a xestión foi boa. Doaron a Guía, o polvorín de Puxeiros e parte de Barreiro.
-Pois veña outra manta, digo, outro brandi! que hai que quentarse..
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último