Gorecho alegre: “Investimos ben”

Publicado: 11 nov 2010 - 01:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:48

Iso non o cres nin ti –díxenlle ao Gorecho, que chegou xunta min moi ledo.

E engadiu:

-Por fin os políticos van facendo cousas para acabar co ista crise.

-Si, home, porque algúns falan dela como se estivese xa vencida.

-Nada diso. O que pasa é que ti nin te enteras. Mira: vouche contar un feito ocurrido hai uns días no Senado.

-O Senado de Madrid, non si?

-É que hai outro?

-Home, pois... O senado popular, que vén ser o que a xente normal comenta, fala e aproba pola súa banda que non coincide moito co que fan os políticos.

-E un acerto que tiveron os senadores, moi bonitiño. Que poden falar en calquera dos idiomas oficiais que se falan en España. Ou sexa, verbi gracia...

-Iso é latín...

-Quero dicir por exemplo... Un catalán pode falar na súa lingua e o entenderán os vascos, galegos, casteláns e todos, traducidos...

-E os bables, os castúos, os araneses e os araneses-occitanos, os valencianos, os baleáricos, os asubíos dos guanches e demais que haxa, entenderán o discurso dese senador que fala catalán, é así?

-É... Cun sistema de tradución inmediato. Os senadores poñen cadanseu auricular na orella correspondente e os intérpretes fan o demais...

-Pero ese sistema custará un pastón, ou non?

-Pouco: só 1.224 millóns de euros...

-Ósperas! Paréceme que coa crise non está o forno para auriculares...

-Primeiro: son poucos cartos. Segundo: é moi importante que se fale algunha vez no idioma de cada quen no Senado... A isto chámolle eu investir ben parte do presuposto nacional...

-Pero... iso é unha aportación ao gasto social? Iso que están inventando para arranxar o problema da crise?

- Eu coido que si...

(Deixeino, funme . E aínda non sei se o Gorecho me tomou o pelo ou non. Pero o dos micrófonos e orellas falantes é certo, é verdade. Lino na prensa...

Contenido patrocinado

stats