Atletismo

Subir A Picaraña en 20 minutos

Os atletas chegaron ó límite das forzas á rampa final entre as cruces da Picaraña.
photo_camera Os atletas chegaron ó límite das forzas á rampa final entre as cruces da Picaraña.

Ricardo Fortes (19:53) e Alba Porto (29:14) acadaron a primeira posición na Subida á Picaraña, que cumpletaron 52 deportistas nunha xornada marcada polo mal tempo

A localidade de Ponteareas albergou onte a Subida á Picaraña, que tivo a saída nos arredores do pavillón Álvaro Pino e a meta no cumio do monte da localidade do Condado. É decir, a carreira, duns 4 quilómetros, estivo marcada polo ascenso, de ata 350 de desnivel positivo e con rampas especialmente duras na segunda metade da proba. 

A primeira posición en homes foi para Ricardo Fortes Montenegro, que rebaixou por pouco a barreira dos vinte minutos (19:53).  A segunda posición foi para Daniel Vila (21:29) e completou o podio o redondelán Guillermo Pedrero (22:07). En mulleres, a vitoria foi para Alba Porto (29:14), seguida de Carla Rodríguez (30:35) e de Sandra García (31:27). 

Estes foron os mellores tempos do día nunha proba que completaron 52 deportistas dos 77 que formalizaron a inscrición. O mal tempo da mañá condicionou a participación, que aínda así foi boa e, pese á choiva, os participantes salvaron bastante ben a sesión matinal. E, en todo caso, a organización preparou unha boa recuperación na chegada con abundante bebida e comida para todos os participantes. Gozaron dela os máis rápidos e tamén os atletas que optaron por facer a ruta a un ritmo máis baixo e coa única intención de chegar ó cumio da Picaraña. Alcanzar o cumio xa ten una notable dificultade.

Te puede interesar