18 feb 2020

Numerosos actos culturais divulgarán a obra de Carvalho Calero por toda Galicia

O intelectual e académico Ricardo Carvalho Calero, primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega na universidade compostelá e pai do reintegracionismo, será o protagonista este ano do 17 de Maio e, como tal, de homenaxes, actos culturais, exposicións, debates e edicións conmemorativas da súa obra, que percorrerán a xeografía galega, traspasarán as fronteiras internacionais.