A Deputación lembrou a Carvalho Calero, unha figura ‘sen fronteiras’

vigo

redacción. vigo

Publicado: 24 oct 2020 - 03:30 Actualizado: 27 oct 2020 - 03:29

Aser Álvarez presentou o seu traballo de Carvalho Calero.
Aser Álvarez presentou o seu traballo de Carvalho Calero.

Aser Álvarez, xunto ao músico Moisés Quintas presentou onte o seu libro ‘Carvalho Calero sen fronteiras’, unha obra na que se homenaxea e reivindica a un home “pioneiro, valente e cunha historia épica, que foi inxustamente tratado”. Fíxoo na sede viguesa da Deputación convidado polo organismo provincial dentro da programación polas Letras Galegas.

O autor indicou que Carlvalho Calero foi o primeiro en moitísimas cousas: o primeiro que escribiu unha novela en galego despois da guerra, o primeiro que fixo unha gramática en galego, dos que fixo parte da primeira xeración de avogados da Segunda República, o primeiro que redacta un anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galiza. “O primeiro en moitas cousas, e curiosamente dun xeito inxusto é moi descoñecido”, sinalou.

O acto, que foi retransmitido por streaming, contou coa asistencia da presidenta, Carmela Silva.

Contenido patrocinado

stats