Versos por Carvalho Calero unen Galicia e Nova York
VIGO
n n n Nove artistas da poesía e a música rendiron onte homenaxe a Carvalho Calero co gallo do Día das Letras Galegas.
Invitados polo festival Kerouac participaron neste acto virtual os pianistas Isabel Pérez Dobarro e Yago Vázquez cos poetas María Medín Doce, Manuel Mayo e Marco de la Fuente, dende Nova York.
Dende Galicia déronlle a réplica os escritores Francisco Fernandez Naval, Fátima Delgado, Malvares de Moscoso e Francisco Castro, todos eles vencellados dalgún xeito á cidade dos rañaceos ou ás edicións do festival Kerouac. Unha vez máis escoitose galego en Nova York.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar