21 may 2015

O Correlingua reclamou máis galego

"Queremos que o galego volva as nosas aulas" ou "A escola en galego" foron algunha das pancartas que luciron os 2.000 rapaces que participaron onte polas rúas viguesas na marcha polo idioma

10 may 2014

Dous mil escolares de vinte centros invaden as rúas de Vigo no Correlingua 2014

Dous mil escolares de Infantil, Primaria e Secundaria dunha veintena de centros percorreron onte as rúas da cidade dende a Praza do Rei ata o parque de Castrelos nunha nova edición do Correlingua, que este ano premiou aos centros San Rafael polas súas cancións durante a marcha, Altamar e Josefa Alonso polas pancartas e a este último, tamén, polo emprego de instrumentos.

15 may 2012

O Correlingua do Morrazo xuntou a 1.300 alumnos

O Correlingua 2012 da comarca do Morrazo encheu onte de nenos a praza do paseo marítimo de Moaña co alumnado dos colexios marinenses A Laxe e Seixo, os buenenses A Pedra e Montemogos, de Cangas cos de Espiñeira, Hío, San Roque e Rodeira, e co dos moañeses Quintela, Tirán, Abelendo, Seara, A Guía, Verducedo, O Con e Reibón, en total arredor de 1.300 nenos e nenas.

14 may 2012

O Correlingua do Morrazo ten lugar esta mañá en Moaña

Uns 1.300 alumnos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña celebran está mañá no paseo marítimo moañés o Correlingua 2012, que terá por escenario central a praza do palco de música, confirmou a concelleira de Educació de Moaña, Rosa María Solla Veiga, do PP.