O Correlingua vigués congregou a máis de 3.000 escolares
A carreira polo idioma cumplíu trece anos saíndo a rúa con máis de vinte centros participantes e acabou nunha festa en Castrelos
O Correlingua celebrou onte polas rúas de Vigo a súa edición número 13.
A convocatoria na cidade congregou a máis de 3.000 escolares cunha participación que superou a vientena de centro. Aos vinte que estaban apuntados, sumáronse outros a última hora. Entre as confirmadas estaban as escolas viguesas Altamar, o Couto Beade, Ricardo Mella, Fonte Escura, A Guía, Teis, Escola Infantil Santa Cristina, Castelao, Chans de Bembrive, Monte Alba, Alexandre Bóveda, Álvaro Cunqueiro e Virxe do Rocío, xunto a Pino Manso e Antonio Palacios de Porriño e A Merced de As Neves.
Mentres os pequenos congregáronse en Castrelos e disfrutaron da actuación do mago Marco, os alumnos de Secundaria partiron nunha marcha dende o Concello ata o parque, lucindo as súas pancartas que competiron en deseño e orixinalidade. Os gañadores foron os estudantes do CEIP Altamar. Unha vez estiveron todos reunidos, continou a festa en Castrelos, presentada por Pepa Penabade. Actuaron os gañadores de Cantalingua: Monoulious, con Cansión Jallojo Americana; Balbina, con Cantar cantarei, e Lydia Botana, con Quen nos queima. Despois alumnos do Alexandre Bóveda leron o manifesto.
Nesta edición participaron doce localidades no Correlingua que remata hoxe en Mondoñedo. Trátase dun xeito de traballar nas aulas a dinamización do idioma.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último