Máis de 250 rapaces berraron "Fálame" co convite do Correlingua
Otero Pedrayo, Balaídos e Santo Tomé foron os centros participantes na nova edición da festa do idioma, na que actuou Zënzar
O Correlingua volveu a esixir a normalización no uso do idioma entre a mocidade. Así, Vigo foi unha das primeiras prazas que acolleron esta mobilización polo galego, que pon a guinda a toda unha programación traballada nas aulas.
Máis de 250 nenos do CEIP Otero Pedrayo, o CEIP Balaídos e o IES Santo Tomé respostaron á convocatoria realizada este ano e acudiron ao auditorio municipal, aínda que a primeira convocatoria centrouse na Praza do Rei, onde se estableceu o punto de encontro. A través de conexións por streaming á súa canle de Youtube, seguiron a cerimonia escolas de toda Galicia.
O lema deste ano e sobre o que se baseou o manifesto foi “Fálame”, que onte converteuse en todo un berro de guerra, para reivindicar a sensibilización lingüística cos máis novos. Sobre esta idea escribiuse o manifesto deste ano nos obradoiros “Desata a lingua”, coa participación de alumnado de nove institutos co de Santo Tomé como representante de Vigo. A festa, que durou perto dunha hora, estivo dirixida polo showman Fran Rei e contou co saúdo do alcalde Abel Caballero á rapazada. A nota musical púxoa a banda de Salceda de Caselas, Zënzar, participante no concurso de rock, convocado polo evento, “Cantalingua”.
Neste mes, o Correlingua, organizado por CIG Ensino, a Mesa pola Normalización e a Asociación Psicopedagóxica Galega percorrerá as localidades das provincias de Pontevedra e de Coruña, hoxe estará na Praza do Seixo en Tomiño con Mekánika Rolling Band e para a semana en Cangas. Ourense e Lugo fican par aos meses de setembro e outubro.
“Coa pandemia tivemos que adaptarnos, deixar as convocatorias multitudinarias e as andainas, pero a nosa intención e retomar o formato cotiá a partir da vindeira edición”, afirmou Anxo Terán, presidente do Correlingua, que apuntou a necesidade de manter as edicións pese ás limitacións. Amosouse moi satisfeito co seguimento que tivo o evento, pese as limitacións. Calcúlase que entre maio e outubro mobilizará uns 15.000 menores por todo o país en defensa do uso do idioma. Esta edición finalizará o 26 de outubro cunha festa que terá lugar no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
“Poden participar tódolos centros que queiran, é un proxecto para traballar todo o ano con concursos, obradoiros de bandas deseñadas ou actividades nas redes sociais”, apunta Terán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mundial 2026
Estados Unidos pasa de ronda ante Australia
Mundial 2026
México pasa de ronda
Condado - Paradanta
‘El Arbo del Siglo XXI’, en la agenda de Horacio Gil