Dous mil escolares de vinte centros invaden as rúas de Vigo no Correlingua 2014
vigo
Dous mil escolares de Infantil, Primaria e Secundaria dunha veintena de centros percorreron onte as rúas da cidade dende a Praza do Rei ata o parque de Castrelos nunha nova edición do Correlingua, que este ano premiou aos centros San Rafael polas súas cancións durante a marcha, Altamar e Josefa Alonso polas pancartas e a este último, tamén, polo emprego de instrumentos.
Os premios foron entregados polo Concello e a Fundación Celta.
A marcha dos nenos, supervisada por axentes da Policía e dos seus profesores, causou numerosos atascos nas horas centrais da mañán xa que percorreron a rúa Camelias –en obras– e a Avenida Castrelos ata chegar ao parque, onde houbo a tradicional confraternización dos escolares coas actuacións do grupo de rock Canta Lúa e de Maimiñas para os máis pequenos.
Un grupo de rapazas con carteis para o fomento do galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar