O Correlingua do Morrazo xuntou a 1.300 alumnos
O paseo marítimo de Moaña foi onte unha gran festa do galego
O Correlingua 2012 da comarca do Morrazo encheu onte de nenos a praza do paseo marítimo de Moaña co alumnado dos colexios marinenses A Laxe e Seixo, os buenenses A Pedra e Montemogos, de Cangas cos de Espiñeira, Hío, San Roque e Rodeira, e co dos moañeses Quintela, Tirán, Abelendo, Seara, A Guía, Verducedo, O Con e Reibón, en total arredor de 1.300 nenos e nenas.
Correlingua é unha campaña anual que ten por finalidade a defensa e promoción do idioma de Galicia, do galego, con obradoiros e neste caso a actuación de Pesdelán, grupo que fixo bailar a todos, a alumnado, profesores e pais, nais e avós que estiveron con eles onte ao mediodía arredor do moañés palco da música.
O primeiro despois de camiñar dende o paseo da praia da Xunqueira foi repoñer forzas, contando cun vaso de leite e galletas, e xa a gozar coa actuación musical, acto no que participou a concelleira de Educación, Rosa María Solla Veiga, do PP, como unha nai máis, lembrando que o Correlingua contaba co apoio do Departamento de Cultura do Concello.
Os asistentes destacaron a importancia de promocionar o uso do galego nestas idades, en infantil e primaria, porque é cando mellor aprenden a falar con normalidade e de forma habitual o idioma.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último