DESPUÉS DE LAS MUNICIPALES

“Vimos a contribuir en positivo e exercer oposición esixente”

Xabier Pérez Igrexas é o concelleiro do BNG.
photo_camera Xabier Pérez Igrexas é o concelleiro do BNG.
O portavoz do BNG, Xabier P. Igrexas, tamén está de estrea na Corporación. Asegura que constata "que o retorno do Bloque en xeral recibíu moi boa acollida, mesmo a xente que no votou BNG ou que non vai votar BNG entende que o feito desa pluralidade do pleno é positiva".
 
Considera que "o problema que temos é que topamos cunha maioría absoluta onde non se escoita a ninguén, onde non se ten en conta ningún criterio o que non sexa o do propio grupo de goberno. Creo que nos plenos que se celebraron volveu quedar patente a nula disposición a considerar ningún argumento distinto do propio, a incapacidade para tecer algún acordo e en xeral esa liña de política máis incendiaria que construtiva vai ser un problema". De todas formas asegura que "nós vimos aquí a contribuir en positivo e a exercer unha oposición esixente, pero dende logo para ver alternativas e falar dos problemas reais".
Persoalmente para Xabier P. Igrexas "significa un compromiso, un esforzo e sobre todo unha responsabilidade de representar a preto de 8.500 viguesas e vigueses que confiaron no BNG".

Te puede interesar