DESPUÉS DE LAS MUNICIPALES

'Marea estará cun pé na institución e moitos pés na rúa'

Oriana Méndez estréase como concelleira de Marea de Vigo.
photo_camera Oriana Méndez estréase como concelleira de Marea de Vigo.
Para Oriana Méndez, licenciada en Filoloxía galega por Santiago e concelleira de Marea de Vigo, é a súa primeira responsabilidade institucional estar na Corporación de Vigo. 
 
Sobre o primeiro pleno e estas primeiras semanas de actividade sinala que "me chamou a atención certo despotismo có que actúa a bancada socialista, na forma de exercer a maioría de forma pouco democrática. Non hai xenerosidade democrática".
De todas formas non se pecha a nada "imos ir vendo como vai, teño moito de aprender e a sorte de estar con Rubén Pérez que ten moita experiencia e é unha persoa moi dedicada ao traballo e que coñece moi ben a realidade de Vigo".
Oriana Méndez explica que "no activismo político xa levo uns anos pero nunha institución non, así que teño que ir aprendendo como funcionan os tempos". 
O seu obxectivo é tentar que Marea de Vigo "esté aberta para debatir cun pé na institución e moitos pés na rúa".
Persoalmente para ela "é unha responsabilidade circunstancial que me tocou agora en espera de aprender. Ilusión e moita responsabilidade", resume.

Te puede interesar