O Palacios máis meticuloso no Templo Votivo de Panxón

El arco visigodo, salvado por Palacios, y el Templo Votivo del Mar, su obra cumbre.
photo_camera El arco visigodo, salvado por Palacios, y el Templo Votivo del Mar, su obra cumbre.
Presentado un libro de Álvaro Bonet sobre a obra en Nigrán, con igrexa terminada en 1937 como o cume

O Concello iniciou coa presentación do libro 'O legado de Antonio Palacios en Nigrán' os actos polo 150 aniversario do nacemento do célebre arquitecto porriñés, fito que se cumplirá en Xaneiro de 2024. O resultado desta obra de investigación, contratada ao tamén arquitecto Álvaro Bonet (Editorial Engaiolarte), foi presentado no CPI Arquitecto Palacios de Panxón para facer coincidir a data e a localización coa inauguración do  Templo Votivo, a súa obra cume e que se estreou o 16 de outubro de 1937. A presentación acudíu o propio autor desde Madrid, o alcalde de Nigrán, Juan González; Xosé Fernández Puga pola editorial Engaiolarte; o fotógrafo Xulio Gil; e o catedrático de Historia del Arte da Universidade de Santiago, Jesús A.Sánchez García. "Temos en Panxón a obra relixiosa máis representativa de Palacios, un arquitecto recoñecido internacionalmente pola súa trascendencia no deseño de Madrid e ao que a capital de España consagrará o ano 2024;  en Nigrán non podemos ser menos, queremos festexar este fito e promover a súa pegada no municipio", incide Juan González, alcalde de Nigrán e quen, como historiador, louba o resultado obtido por Bonet.  

Entre esta documentación inédita sobresae un plano orixinal da súa proposta de reordenación urbanística de Panxón, feito curioso porque se encadraba no seu ambicioso plan de reforma de Vigo (aprobado en 1932 e anulado durante a Guerra Civil) e que abranguía tamén unha nova organización comarcal. 

A correspondencia fluida desde Málaga co cura de Panxón, Jesús Espinosa, retrata a un Palacios meticuloso que dá instruccións precisas sobre a propia dirección da obra e reflexa o gran avance na construción cando se conseguía un aumento da recadación popular e o atraso cando sucedía o contrario, asi como o silencio absoluto na Guerra Civil debido á incomunicación entre Madrid (a súa residencia, en bando republicano) e Galicia (no bando sublevado desde o inicio). Bonet destaca destas cartas o absoluto detallismo de Palacios nos seus planos, debuxos e comentarios, asi como a súa gran confianza no construtor José Mogimes.

Un edificio en Praia América non é do arquitecto, un hotel si

Bonet rescata un plano de 1942 sobre o "conxunto do santuario do Mar" que incluía ao carón do Templo Votivo un mosteiro ou un claustro, e do que simplemente se materializou a rectoral e o orfanato (actualmente CPI Arquitecto Palacios e desvinculado da igrexa). Como fito curioso, o libro repreoduce os seus debuxos a man alzada da igrexa de orixe románica de Santiago de Parada en 1944, descoñecidos por completo ata agora e nos que únicamente titula 'Estudos Arqueolóxicos Santiago de Parada', sen que se coñeza con qué finalidade os realizou (inclúen a planta, a sección ou restos pictóricos da ábsida xa desaparecidos e omite todos os engadidos modernos).

Outro dos grandes descubrimentos da investigación de Bonet é que o chalé de Praia América bautizado como 'Nidito de Amor' (rúa Rans, 38)  atribuído desde sempre a Palacios, é en realidade obra do seu amigo Gómez Román (autor tamén do Monumento á Mariña Universal en Monteferro); sen embargo, ratifica que o veciño hoteliño de Sileno (pseudónimo do avogado e famoso caricaturista) si é de Palacios. Probablemente á obra cume de arquitectura relixiosa de Antonio Palacios (1874-1945) é o Templo Votivo. Palacios inspirouse no veciño arco visigótico que formaba parte da antiga igrexa de San Juan (e que el mesmo librou da demolición polo seu gran valor histórico) iniciando a construción en 1932 e finalizándoo en 1937. 

O seu estilo é complexo de definir, xa que recolle elementos de moi diversas procedencias, emprega a pedra espida dentro dunha tipoloxía rexionalista e destacan marcados trazos góticos e mesmo islámicos.

Te puede interesar