Vigo é o protagonista da homenaxe a poetisa Xela Arias

Vigo é o protagonista da homenaxe a poetisa Xela Arias
photo_camera Vigo é o protagonista da homenaxe a poetisa Xela Arias.

Xunta e Real Academia Galega centran na cidade os actos institucionais

Vigo será este 17 de maio o epicentro dos actos conmemorativos do Día das Letra Galegas, que este ano está adicado a escritora e poetisa Xela Arias, unha efeméride na que se implican numerosas institucións e entidades de toda Galicia para divulgar a súa figura e obra e estender a celebración por todos os recunchos do territorio. 

O acto da Xunta será no IES Castelao en Vigo, centro no que a propia Arias estudou de moza. En concreto, será a partir das 11,30 horas e contará coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ademais de representantes de numerosas institucións da comunidade autónomas e unha actuación musical sobre poemas da propia escritora homenaxeada. 

Posteriormente, a Real Academia Galega celebrará ás 13,00 horas o plenario extraordinario con motivo do Día das Letras Galegas no Auditorio Beiramar, coa participación de Marilar Aleixandre, Ana Romaní e Manuel Rivas. No evento tamén se poderá gozar das actuacións musicais de Mónica de Nut, Pablo Carreira e Fernando Abreu, intérprete que comezara a preparar un espectáculo poético-musical con Xela Arias pouco antes do seu falecemento en 2003.   O Concello e  Deputación ofrecerá unha recepción á Real Academia Galega no Marco ás 10.30 horas. 

Vigo tamén acollerá este mesmo día 17 de maio, ás 20,00 horas, o espectáculo “Vencerse é cousa de se tratar”, do propio Fernando Abreu, no Auditorio Municipal. O Goberno local impulsa á súa vez un programa de actividades dirixidas a toda a familia, que incluirán sesións de contacontos, xogos de letras ou recitais que se desenvolverán ao longo da semana no auditorio ou a biblioteca municipal, entre outras.

Pola sua banda, o Museo Etnográfico Liste ten programación espcial con xornada de portas abertas. As 10.30 haberá “Apañando verbas perdidas” con recollida de vocábulos en desuso e actividades para nenos con obradorios sobre a figura de Xela Arias. As 11 horas unha visita guiada ao museo titulada “Cruce de camiños:a a etnografía na ficción literaria”. As 12.30 horas entrega de premios do Concurso de Fotografía e do Relato para nenos. As 13 horas conferencia “Cultura gastronómica galega. As mulleres como protagonistas” a cargo de Xavier Castro Pérez e prsentación do catálogo “A mesa farta”. As actividades no exterios estarán suxeitas á crlimatoloxía.

No Centro Cultural de Valladares ás 10 horas celebra una homenaxe a Xela Arias con un concerto de Zeltia Irevire. Entrada libre con reserva previa.  

Te puede interesar
Más en Día das Letras Galegas