Florencio Delgado será o protagonista do Día das Letras Galegas 2022

Florencio Delgado.
photo_camera Florencio Delgado.

O pleno da Real Academia decidiu hoxe a figura que protagonizará o Día das Letras Galegas 2022

Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987), avogado de formación, foi poeta, articulista, pioneiro da tradución poética interlingüística, editor literario e home ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior, capaz de tecer asemade vínculos coa intelectualidade doutras orixes.  E dende hoxe, é o protagonista do Día das Letras Galegas 2022. Foi tamén un extraordinario activista cultural, promotor de iniciativas como o Padroado da Cultura Galega en México (creado en 1953), a revista Vieiros –da que foi director xunto con Carlos Velo e Luís Soto–, a audición radiofónica “Hora de Galicia”, que estivo en antena todos os domingos durante case dúas décadas, e de doutras publicacións de carácter político e cultural.

A Real Academia Galega decidiu hoxe en pleno, entre tres candidaturas recoñecidas no noso país, o encargado de protagonizar o Día das Letras Galegas. A primeira delas foi Florencio Delgado Gurriarán -escritor e editor nado en Vilamartín de Valdeorras, e activista do exilio galego en México-.

O autor, membro moi activo do Partido Galeguista de Valdeorras, chegou a México tras lograr escapar a través de Francia  no ano 1939. Fíxoo a bordo do Ipanema, un dos barcos que levaron os refuxiados españois a América e no que fuxiron tamén, entre outros, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro ou o mencionado Elixio Rodríguez. Unha vez en América mantería o compromiso cívico e cultural que dende moi novo o achegara tamén ás Irmandades da Fala e ao Seminario de Estudos Galegos, do que fora socio protector.

Delgado Gurriarán foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega no ano 1981 en recoñecemento ao seu labor como escritor e activista cultural dende a diáspora. Faleceu en 1987 aos 79 anos de idade cando se atopaba na casa dun dos seus fillos, en California.

Candidaturas

Tamén optaron ó posto de protagonista do día das Letras Galegas: o poeta de Samos -narrador e dramaturgo lucense-, Fiz Vergara Vilariño, e o poeta granadino Federico García Lorca.

Unha candidatura rechamante, proposta conxuntamente aínda que protagonizada por Ánxel Casal -fundador da Editorial Nós e editor de diversos textos do autor andaluz, como é o caso de "Seis Poemas Galegos"-.

Gañador por maioría absoluta

O pleno notificou, nesta xornada de venres, a súa decisión, en cumprimento do regulamento interno da institución que establece que a elección da figura literaria que liderará o 17 de maio ha de aprobarse coa decisión conxunta dos plenarios da Real Academia. 

A candidatura do ourensán, Florencio Delgado Gurriarán, obtivo o apoio de 14 dos membros do plenario da institución académica galega, fronte ós catro votos obtidos polo lucenese Fiz Vergara Vilariño e os catro recibidos por Lorca. 

Te puede interesar
Más en Día das Letras Galegas