“Urbanizadora” da cultura galega

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, posou xunto a placa e ao mural de Xela (obra de Maru Goldas) xunto a Marco Veiga, director do IES Castelao; Rosario Álvarez, presidenta do Consello Galego da Cultura; Miguel Santalices, presidente do Parlamento; Darío Gil e Amparo Castaño (fillo e nai de Xela), Mónica Souto (profesora e amiga de Xela); Víctor Freixanes, da RAG e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, posou xunto a placa e ao mural de Xela (obra de Maru Goldas) xunto a Marco Veiga, director do IES Castelao; Rosario Álvarez, presidenta do Consello Galego da Cultura; Miguel Santalices, presidente do Parlamento; Darío Gil e Amparo Castaño (fillo e nai de Xela), Mónica Souto (profesora e amiga de Xela); Víctor Freixanes, da RAG e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

O presidente da Xunta reivindicou no IES Castelao o carácter de transición que representa Xela entre o rural e a cidade

A Xunta escolleu  o IES Castelao para celebrar o seu acto institucional polas Letras Galegas, o instituto onde Xela Arias cursou Secundaria. O presidente, Alberto Núñez Feijóo, chegou ás instalacións do centro educativo do Calvario, nunha xornada con dobre motivo para o festexo. “Unha feliz casualidade quere que este día coincide co 40 aniversario da nosa Autonomía; a democracia galega, a Galicia democrática, nace hai catro décadas repleta de intencións reformadoras que en moitos casos se cumpriron, e noutros se iniciaron”, explicou na súa comparecencia.

Con respecto ás Letras, uníu á homenaxe de Xela Arias, á de Rosalía de Castro, “quen motiva esta festas do 17 de maio” e á de Emilia Pardo Bazán “falecida hai cen anos, un 12 de maio”. “Xela aporta continuidade, transición e modernidade da man desa poesía escrita para ler pausadamente”, dixo parafraseando ao presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. Idenficouna como a representante da transición entre o rural e o urbano, “o que é Galicia”. “Non era doado, porque o mundo urbano víase como algo alleo á cultura propia do país, ela loita contra o tópico, dobrégao e axuda a que a lingua se mergulle naquel Vigo dos oitenta”. Presentou a Xela Arias como “urbanizadora da nosa cultura; atreveuse a entrar en terreos pouco explorados, a maternidade, o feminismo ou a crítica social”. Tivo unha lembranza para o pai de Xela, Valentín Arias “mentor do cooperativismo, xerente da Editorial Galaxia e autor de ‘A lingua galega na escola”; para a súa nai, Ámparo “sen quen non teríamos a Xela” e para o fillo “por dar testemuña”. 

Así, no pavillón escolar ateigado, aínda que respectando as distancias de seguridade, Feijóo quixo vencellar o evoluír da Autonomía coa normalización da lingua que según asegurou “converteuse nunha tarefa transversal na que tódolos galegos están convidados a participar”. Defendeu a política lingüística afirmando que “o pobo galego acerta cando decide facer do idioma unha ponte e non un valado, un punto de encontro e non unha disxuntiva”. Finalizou enviando unha mensaxe “que o que queda por facer non nos impida sentirnos satisfeitos do logrado” e reivindicando un uso da lingua “sen molestar a ninguén, pero tampouco sen ser asoballados”.

Académicos, encabezados por Freixanes; a presidenta do Consello Galega da Cultura, Rosario Álvarez; familiares de Xela Arias e membros do claustro acudiron ao acto. Mónica Souto, profesoras do IES Castelao e amiga de Xela, falou en nome do instituto anfitrión. Emocionada reivindicou a Xela como “un exemplo para as novas xeracións” e como ela fixo, animounos a “loitar polo vosos obxectivos porque ‘vencerse é cousa de se tratar, aludindo ao poema”. O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, aplaudíu a escolla da localización para o acto, xa que “implica o valor que ten o ensino, sendo os institutos os lugares onde os rapaces asumen a súa autodeterminación persoal; traballar no ensino e sementar no futuro”, afirmou. 

En nome da familia intervíu o fillo de Xela Arias, Dario Gil Arias: “Hoxe non vou falar da miña nai, se lle pode conocer a través da súa obra, que con todo o que se está a facer perdurará o seu recordo que era o que buscabamos a familia”. Así lembrouse dos que fixeron posible esta homenaxe que “para nós foi un éxito”. Agradeceulle a implicación aos secretarios xerais de Lingua e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, e botando man da mitoloxía grega “que tamén lle gustaba a miña nai”, recoñeceu o apoio do seu pai, Xulio e do seu tío, Lois como no mito de Sísifo ou da súa moza, Xudit, “que me aguantou como fixo Atlas como mundo”.

A nota musical puxérona A Banda da Loba que abríu o acto con “Darío a diario” e despedírono con “Intempériome”, dous temas baseados en poemas de Xela no seu último EP “Hasme oír”. O  broche de ouro, o himno galego, interpretouno cuarteto de cámara da Coral Casablanca.n

Te puede interesar
Más en Día das Letras Galegas