“Xela sempre ía un paso por diante cara á modernidade”

Abel Caballero posou cos concelleiros, os académicos da RAG, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez e a familia de Xela Arias.
photo_camera Abel Caballero posou cos concelleiros, os académicos da RAG, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez e a familia de Xela Arias.

Abel Caballero ofreceu unha recepción municipal á comitiva da Real Academia Galega no Marco onde defendeu que o futuro leva o nome da poeta homenaxeada nas Letras

O Concello celebrou o seu acto institucional das Letras Galegas no Museo de Arte Contemporánea, no medio da intervención artística de Mar Vicente, dentro da exposición "Catro proxectos". O alcalde Abel Caballero deu a benvida á comitiva da Real Academia Galega nun acto íntimo e breve, con aforo limitado a un grupo de académicos, á presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, a familiares de Xela Arias e a membros do goberno local, así como o director do Marco, Miguel Fernández Cid. “Aquí xúntanse tantos sentimentos, da lingua, da poesía e da familia”, afirmou o rexidor.

Uxía Blanco fixo lectura do bando municipal escollido para o 17 de maio. O texto, que escomeza coa afirmación “a nosa si é unha lingua de encontro; foino, hai xa ben séculos, de reis e trabadores que lembramos e transcibi-la que manexaban campesiñas e mariñeiros”, foi escrito pola propia homenaxeada para tal día como onte de 2001. “Este escrito é un gran bando, que amosa un xeito de entender a vida; Xela sempre ía un paso por diante cara á modernidade; este é o futuro e ten un nome, Xela Arias”.

Caballero repasou o vencello da cidade coa celebración do Día das Letras Galegas, efeméride que conmemora o aniversario da primeira obra escrita en galego, “Cantares gallegos”, de Rosalía de Castro, editada en 1863 na imprenta de Juan Compañel, na rúa Real do Casco Vello, percorreu o rueiro do centro, destacando os nomes ligados ás Letras: “Hoxe nos volvemos a atopar cunha escritora", concluíu en referencia á poeta homenaxeada este ano, residente na cidade dende a súa xuventude, onde participou activamente na revolución cultural dos anos 80, os da Movida.

Por parte do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, quixo destacar a importancia da cidade de Vigo na obra de Xela Arias. “É unha nena de Sarria, pero moi noviña veu para aquí e case se pode considerar cofundadora de Xerais, que xunto a Galaxia son os grandes referentes editoriais galegos”. Freixanes tamén fixo fincapé na dimensión que alcanzou Xela “que sitúan nesa modernidade que sempre a caracterizou”.

O acto sobrio finalizou cunha foto de familia de tódolos participantes na recepción municipal. O escenario elixido foi o mesma sala expositiva no meido da obra de Mar Vicente, onde xoga coa xeometría e as cores.

A VOZ DE XELA EN ESCENA

VRL4008.jpg_web

O espectáculo “Vencerse é cousa de se tratar”, dirixido por Fernando Abreu, recupera a voz de Xela na escenificación da súa obra “Impériome”.

PREMIADOS POLO LISTE

VRL4008.jpg_web.jpgasdasd

O Museo Liste fixo entrega dos premios para escolares de relato e de fotografía coincidindo co Día das Letras Galegas.

Te puede interesar
Más en Día das Letras Galegas