Tradición e vangarda uníronse para lembrar a Xela Arias

O dúo de Laura LaMontagne e PicoAmperio mestura elementos electrónicos con cantigas de amigo de Martin Codax, Airas Nunes ou Alfonso X ‘O Sabio’.
photo_camera O dúo de Laura LaMontagne e PicoAmperio mestura elementos electrónicos con cantigas de amigo de Martin Codax, Airas Nunes ou Alfonso X ‘O Sabio’.

Vigo celebrou onte o Concerto das Letras Galegas con Laura LaMontagne e PicoAmperio, que puxeron ritmo aos versos da poeta 

O Concerto das Letras Galegas –unha aposta do Consello da Cultura Galega que leva celebrándose dende 2013– tivo lugar onte por primeira vez na cidade de Vigo, no Auditorio de Beiramar, con motivo da homenaxe á poeta Xela Arias. A cita reuniu a centos de asistentes presencialmente, aínda que debido ás restricións sanitarias tamén se ofreceu na web do consello de forma gratuíta e poderá verse hoxe na segunda canle da TVG.

A música púxona o dúo formado por Laura LaMontagne e o DJ PicoAmperio, que ofreceron un concierto de ambiente hip hop no que houbo un grande protagonismo audiovisual a cargo do creador Borja Bernárdez, coa axuda do deseñador Raúl Silva, que planificou e executou o espectáculo de lucería creado específicamente para este concerto.

O repertorio do grupo incluiu, como de cotío, composicións propias, textos de poetas coma Luz Fandiño e revisións de clásicos como as cantigas de amigo de Martin Codax, Airas Nunes e mesmo de Alfonso X ‘O Sabio’. Ademais, non podio faltar a habitual encarga do Consello da Cultura, que este ano traduciuse no bloque central do concerto. O universo de ritmos electrónicos e loops vocais do dúo mesturouse co da poeta Xela Arias a modo de ‘collage’. Poemas dos libros “Denuncia do equilibrio” e “Tigres coma cabalos”  apareceron nesta parte acompañados dun efectista xogo de luces que trasladou o universo simbólico de Xela Arias a esta actuación. 

O concerto rematou, como xa é habitual, co Himno de Galicia, adaptado este ano á proposta electrónica experimental do dúo protagonista.

Hoxe Vigo volverá a ser o epicentro das Letras Galegas, pois o mesmo Auditorio de Beiramar  será o escenario do pleno da RAG (13 horas), que contará coa intervención de Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas e as actuacións musicais de Fernando Abreu, Mónica de Nut e Pablo Carrera.

Cantigas de amigo con bases de hip hop

o dúo de Laura LaMontagne e PicoAmperio mestura elementos electrónicos con cantigas de amigo de Martin Codax, Airas Nunes ou Alfonso X ‘O Sabio’.

A proposta do dúo de Laura LaMontagne e PicoAmperio mestura elementos electrónicos con cantigas de amigo de Martin Codax, Airas Nunes ou Alfonso X ‘O Sabio’. Na súa actuación de onte, tamén incluíron un bloque central con versos de Xela Arias. Coma sempre, o concerto rematou co Himno de Galicia.

Delegada e presidenta

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acudiron á cita.

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acudiron á cita.

O Concello, representado

O alcalde fala con familiares de Xela Arias.

Abel Caballero tampouco quixo perderse este acontecemento. Na foto, o alcalde fala con familiares de Xela Arias.

Te puede interesar
Más en Día das Letras Galegas