26 nov 2011

Aposta pola educación para reducir a produción de lixo

Sogama e a Consellería de Medio Ambiente lanzan conxuntamente unha campaña educativa a través da cal pretenden contribuír á concienciación da poboación en torno á menor produción de residuos. Así, e baixo o eslogan “Reduce. Ti tes a chave”, a prioridade é animar e incentivar á sociedade a que aposte por formas de consumo que lle permitan xerar menos refugallos, constituíndo este o primeiro paso a seguir na axeitada xestión dos mesmos.

20 dic 2010

O PP cangués pide explicacións por non ser recollido o lixo

O concelleiro do PP de Cangas, Jesús Manuel Graña Graña, foi onte eco das queixas da veciñanza do Casco Histórico da vila por quedar o lixo sen recoller na noite do pasado sábado, agardando que o goberno local BNG-PSOE teña unha explicación razoable.