CIG insta o Concello de Vigo a poñer fin ás 'diferenzas salariais' dos empregados da recollida de lixo

Representantes da sección sindical da CIG en FCC (Fomento de Construcións e Contratas) denunciaron unha 'discriminación' que se produce 'dende hai anos' entre os empregados da concesionaria de recollida de lixo e limpeza viaria e de praias e instaron ao Concello de Vigo a poñer fin a esta situación, xa que pola contra iniciarán protestas.

Agencias
Publicado: 20 may 2011 - 21:16 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:38

Os delegados da CIG en FCC Manuel Zabala e Xesús Diz explicaron que o xulgado do Social recoñeceu a diferenza pero 'dixo que a empresa debe corrixir por si mesma a discriminación' ou que, se non, eles deben 'impugnar o convenio colectivo'.

Ante esta situación, recorreron ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ao tempo que, ante a posibilidade de que o proceso se prolongue, pediron a actual concelleira de Limpeza, Raquel Díaz, a que 'tome cartas no asunto'.

Segundo afirman, unhas 200 persoas están prexudicadas pola actual situación, que son as que traballan nas quendas de fin de semana. Estes, segundo afirma a CIG, están a ingresar '29 euros ao día menos' que os empregados que traballan de luns a venres.

Os sindicalistas destacan que o goberno local ten 'responsabilidade' no asunto e indican que 'o máis grave de todo é que o Concello paga correctamente por cada un dos traballadores'; polo que é a compañía a que, segundo afirman, 'se nega a aboar a diferenza'.

Finalmente, fixeron un chamamento o novo goberno que saia das eleccións municipais a que 'poña fin a esta discriminación'.

Contenido patrocinado

stats