Atlántico
Gaza: ¿Olvidada?
Fomos moitos os veciños e veciñas de Marín os que protestamos nos plenos e nunha das maiores manifestacións da historia de Marín contra a decisión tomada naquela altura polo goberno formado polo PSOE e os que agora fan parte de Mar-IN. A privatización deste servizo supuxo para a veciñanza ademais dun enorme deterioro na calidade do servizo unha forte subida do prezo, pasando a triplicarse o recibo.
Desde que a empresa concesionaria, Urbaser, se fixera cargo do servizo foron moitas as notas de queixa por parte do Colectivo Nacionalista con respecto ao incumprimento do pliegue de condicións asinado entre o concello e a empresa concesionaria. O incumprimento de lavar os colectores de lixo cada 15 días no verán e o cheiro destes foi unha das principais queixas por parte da veciñanza en todos estes anos.
Moitos somos os veciños e veciñas, concienciad@s coa importancia da reciclaxe, os que nos sentimos estafad@s e vemos confirmadas agora as nosas sospeitas de que o noso traballo de separar o lixo non servía para nada, cando coñecemos que a Consellaría de Medio Ambiente vén de lle abrir un expediente á empresa concesionaria encargada da recollida do lixo en Marín por non separar as bolsas dos distintos colectores nos seus camións.
No Colectivo Nacionalista estamos, e sempre estivemos, en contra da privatización de calquera servizo público, e así o temos manifestado e distintas ocasións. As empresas que pasan a xestionar estes servizos réxense pola obtención de beneficios e aforro de custes, o que ao final acaba repercutindo nas condicións laborais dos traballadores e traballadoras e na cidadanía en xeral que ve como empeora a calidade do servizo.
Desde o Colectivo Nacionalista consideramos que esta é a gota que enche o vaso por parte da empresa concesionaria e reclamamos do concello de Marín, responsábel subsidiario, unha investigación desta fraude e a rescisión do contrato con esta empresa e a recuperación do servizo.
Tamén queremos que se clarifiquen publicamente as responsabilidade políticas dos que tiñan e teñen a área de Medio Ambiente, que debían controlar o cumprimento do contrato por parte da empresa e adiáronse a deixarlle facer e desfacer durante estes anos.
Alén disto, desde o Colectivo Nacionalista consideramos inviábel tanto económica como medioambientalmente o actual proceso de tratamento do lixo a través da empresa mixta Sogama. A incineración dos residuos que realiza esta empresa representa un grande perigo para o medio e a saúde das persoas ao se xerar durante a queima do lixo distintos compostos moi tóxicos, como o cadmio, que saen polas chemineas e que logo se desprazan polo ar.
Frente a este modelo que ofrece a Xunta para o tratamento do lixo e polo que apostou e aposta actualmente o concello de Marín, no Colectivo Nacionalista apostamos por un modelo máis racional e respectuoso co medio baseado na redución, reutilización, reciclaxe e compostaxe do lixo. As vantaxes que ten este modelo con respecto ao da incineración son enormes, as plantas de compostaxe, funcionando mal, chegan a reciclar até o 34% do lixo que reciben frente ao 8% de Sogama. Reclamamos pois do noso concello que estude a posibilidade de sair de Sogama e apostar por un modelo sostíbel do tratamento do lixo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último