A CIG acusa a concesionaria do lixo en Nigrán de despedir un traballador por estar máis dun ano de baixa

A CIG denunciou este luns que a empresa concesionaria da recollida do lixo na localidade pontevedresa de Nigrán, Cespa, despediu un traballador por 'permanecer de baixa médica máis dun ano'.

Agencias

Publicado: 12 mar 2012 - 20:31 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:43

Segundo informa o sindicato nunha nota de prensa, unha ducia de traballadores de Cespa se concentrou este luns ante o Concello para pedir que esta persoa sexa readmitida e, ademais, avanzou que realizarán novas protestas ata o xoves.

Os participantes na mobilización tamén denunciaron 'falta de implicación' do goberno local no conflito e demándanlle que obrigue a empresa a volver contar co traballador despedido.

A CIG-Servizos de Vigo mantén que este é 'un novo caso de aplicación da reforma laboral que acaba de aprobar o PP' xa que, segundo indica, 'a empresa alega que os empregados que collen baixas non son rendibles' e resolve a rescisión de contrato cunha indemnización de 20 días por ano traballado e 12 mensualidades.

Contenido patrocinado

stats