vigo

Os que fixeron cidade no Liste

AD 56
O museo etnográfico presentou a programación para o último trimestre de ano entre as que está a actividade “Senlleiros e os seus sendeiros”, onde indaga sobre a vida e o legado das persoas que deixaron pegada en Vigo

 O Museo Liste rematará o ano cunha programación centrada en dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial, pero tamén aos persoeiros que forman parte da historia local. Así, Isabel Pousada, coordinadora de Didáctica, prepara unha actividade especial sobre os nomes relevantes para Vigo, “Senlleiros e os seus sendeiros”. Dirixida a estudantes da ESO e de Bacharelato, así como a público adulto, os obradoiros ofertaranse a partir do 1 de decembro. “O obxectivo desta proposta é dar a coñecer personaxes senlleiros relacionados coa cidade a través dun audiovisual e da mostra de obxectos pertencentes a algún deles que entraron a formar parte da colección mediante doazóns”, apunta Pousada, quen apunta que aínda están a tentar localizar pezas relacionadas con Cesáreo González (fundador de Suevia Films) e o cine ou de Antonio Sanjurjo Badía e a fábrica Industriosa, onde deseñou un dos primeiros submarinos, a boia lanzatorpedos para defender Vigo dun suposto ataque norteamericano pola guerra de Cuba (atópase exposta no Museo do Mar).
Entre os personaxes que recuperará o Liste neste obradoiro atópase Ángel Núñez, fillo de María Berdiales e Manuel Núñez, que fabricou cos seus fillos Florencio e Manuel os emplastos Winter contra a dor de reuma, pero tamén para outros males como tus ou queimaduras. Na sala adicada a curación do museo mostrase cartelería e publicidade orixinal destes productos moi populares na primeira metade do século XX. Neste mesmo contexto, na sala da arte de curar faise alusión a outro dos protagonistas das xornadas, Pichón, o compoñedor de Teis. “As doazóns, dos seus descendentes, están máis relacionadas coa mediciña, pero completaremos o achegamento ao personaxe con fotografías antigas do seu barrio”, sinala a coordinadora.
Antonio López de Neira, comercial e alcalde da cidade tamén forma parte desta selección. Destacado en moitas aportacións á cidade, o motivo da escolla é ter sido o primeiro vigués que disfrutou de luz eléctrica da súa residencia, na contorna de Príncipe (rúa que agora leva o seu nome). O encendido foi en 1880, coincidindo coas festas do Cristo.
Entre as mulleres a tratar destacan as irmás Marisa e Fina Soneira Guimarey, de “Hijas de J. Nieto”, a terceira xeración de tipógrafos. Ao xubilarse doaron o material da fábrica ao Museo. Son responsables dos garimbos de Regojo, Albo. Curbera, Antonio Alonso, pero tamén dos estampados en bancos, librerías ou organismos oficiais.

exposicións e obradoiros
A programación do Museo Liste inclúe catro exposicións temporais ata decembro: Unha continuación de “A mesa farta”, comisariada por Xabier Castro, con pezas da colección de Oseira, que se incluirá nos percorridos guiados en torno a cultura da alimentación polas distintas estancias do centro. Rubén Berto Covelo propón un montaxe sobre o evoluír do cereal en “Do paínza ao millo”. En Nadal amosarase a tradición galega nesta festa e na sala de sororiedade para por en valor a creación das mulleres.
Haberá actividades polo samaín (21 ao 31 de outubro) e no Nadal co Apalpador (15 ao 19 de decembro). Así como actividades en torno ao sons dos traballo, os instrumentos humildes, a maxia e menciña, a madeira e os oficios en perigo de extinción.
O museo abre de 10 a 14 horas, de martes a sábado e o mércores tamén pola tarde, de 17 a 19 horas, que permite a entrada de cans. O primeiro sábado de mes hai xornada de portas abertas con entrada de balde, o prezo xeral é de 2 euros.

A arte de curar

AD 56

O Museo Liste ten unha sala adicada á arte de curar, onde aparecen os rostros dos curandeiros e dos compoñadores máis sonados, entre os que está Pichón.

Os selos de “hijas de j. nieto”

AD 57

Marisa e Fina Soneira, a terceira xeración de tipógrafos, doaron o material da fábrica de selos “Hijas de J. Nieto” cando se xubilaron.

Emplastos contra o reuma

AD 61

O remedio máis sonado da primeira metade do século XX fabricouse en Vigo pola familia Núñez.

Da candela á luz eléctrica

AD 55

A sala da luz recolle a chegada da electricidade a Vigo á casa de Antonio López de Neira.

Te puede interesar