Nigrán estrea o primeiro bosque de secuoias de toda Galicia

O espazo no que medrarán estas árbores xigantes, en Priegue.
photo_camera O espazo no que medrarán estas árbores xigantes, en Priegue.
Esta plantación, con increíbles vistas cara ao océano Atlántico, ubícase no alto de Priegue, no barrio de Pedrosas

A irmandade trasoceánica entre os pobos agora ten un símbolo tanxible en Nigrán: unha zona verde con oito secuoias galegas ‘fillas’ das 500 que doou o goberno estadounidense en 1992 para conmemorar os 500 anos do descubrimento de América. Esta plantación, con increíbles vistas precisamente cara ao océano Atlántico, ubícase no alto de Priegue (barrio de Pedrosas) e foi posible grazas ao ‘rescate’ hai 5 anos dos brotes en Baiona por parte de José Manuel Rodríguez. Agora, este veciño defensor da tese do ‘Colón galego’, as doa ao Concello para, no 12 de Outubro, conmemorar oficialmente desde Nigrán o encontro entre os dous mundos.

“É a árbore máis emblemática de EEUU, suxire beleza e inmortalidade. Mediante este pequeno bosque con vistas cara o Atlántico, queremos reivindicar a paz e a irmandade trasoceánica”, explica o alcalde, Juan González, quen agradece especialmente esta doazón. Estas árbores perennifolias son as máis grandes do mundo, poden alcanzar máis de 100 metros de altura e ata 4,5 m de diámetro no seu territorio de orixe, vivindo entre 1.000 e 3.000 anos.

“Grazas ao microclima do Val Miñor, as secuioas de Baiona se reproduciron espontáneamente, algo moi estrano debido a escasa viabilidade da semente”, explica José Manuel Rodríguez, quen fai referencia precisamente a orixe destes exemplares en Galicia, que se remonta ao ano 1992, cando se conmemorou o 500 aniversario da chegada de Colón a América. Por este feito, o goberno americano, presidido nese momento por George Bush pai, a través da resolución H.J. Res.529, acorda agasallar 500 exemplares californianos de secuoia vermella como símbolo de irmandade entre o Vello e Novo Mundo.

Te puede interesar