Vanesa Álvarez, artista: "En Brooklyn estou feliz, podo ser muralista de profesión"

Vanesa Álvarez, no set de Atlántico TV.
photo_camera Vanesa Álvarez, no set de Atlántico TV.

Vanesa Álvarez celebrou o sexto aniversario de “Expostas”, colectivo do que forma parte e que a través de murais en espazos públicos, pretende visibilizar ás mulleres. A artista vistou a set de Atlántico TV para facer repaso e estes primeiros anos e para falar dos retos que está a afrontar.

 

 

Seis anos e seis murais en Vigo, dende a primeira intervención no pavillón do Berbés, denunciando o maltrato.

Comezamos co máis potente e necesario de todo, “Ningunha menos”, porque nesta loita feminista que temos enriba de todo é a loita contra el maltrato. Estou feliz, porque pensamos que nesa ubicación ía durar pouco, pero continua estando ben.

Cada mural é acompañado pola historia das súas protagonistas na web de colectivo, www.expostas.org. É un chanzo máis?

Ata agora sempre expuxemos a mulleres reais e vivas. Digo ata agora porque hai pouco faleceu Ana María Soto, unha das protagonistas das “Mulleres na Conserva”. Temos entrevistas con todas elas e como un dos nosos obxectivos é inspirar ás nenas, ofrecémolo como material didáctico. Moitos coles aproveitan cos murais, algo atractivo para a rapazada, estudar e saber algo máis desta mulleres.

Quen protagoniza os murais de Expostas?

Amais de “Nin unha menos”, fixemos o de “Mullleres na conserva”, nas Letras; en 2020 polo covid adicámosllo as de primeira liña, logo seguiron as do deporte e as da música. Este ano volvemos a participar no programa municipal de medianeiras e por primeira vez imos a retratar a mulleres que non están vivas, pero como dixo Carmela Silva na presentación da edición, a elas debémoslle o que somos agora. Serán Clara Campoamor, Maruja Mallo, Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán y Concepción Areal. Estará na rúa Coutada, onde un mural de cor vai ser fundamental. 

En Expostas mantén un estilo moi identificativo. Busca unha estética unitaria?

O meu estilo ten evolucionado noutros proxectos, pero de Expostas manteño a mesma liña para buscar unha coordinación visual que identifique os murais entre si. 

Xunto ás medianeiras de Vigo vai deixando pegada da arte viguesa por Nova York.

Levo catro anos en Brooklyn, estou feliz, alí pódese ser de profesión muralista e traballar ao 100 por cen nesto. Estou nun colectivo que vai pola escolas pintando murais, algo semellante ao que tamén se fai no programa “Vigo, cidade de cor”. Tamén fun seleccionada para pintar estar primavera cos usuarios dunha residencia de maiores. Gústame traballar coa comunidade e aportar tamén algo máis que estética.

Te puede interesar