Ana Abad: “Penso que non se coñece a riqueza das artes escénicas teatrais"

Ana Abad, en Atlántico.
photo_camera Ana Abad, en Atlántico.
"Estou moi agradecida porque é un recoñecemento o traballo, e máis este porque foi un reto"

A viguesa Ana Abad de Larriva conta cun nomeamento nos premios María Casares de teatro na categoría Adaptación-tradución, polo seu traballo na obra “Shakespeare en Roma”. 

 

Como recibe a noticia do nomeamento?

É a primeira vez que noméanme a un premio de tanta índole no teatro. Estou moi agradecida porque é un recoñecemento o traballo, e máis este porque foi un reto. Hai moita xente facendo cousas moi boas en Galicia e sempre que hai un recoñecemento anímate a seguir adiante. É un proceso de visualización do teu traballo. Eu sempre son das que opinan que a ver que pasa o día da entrega final. Non penso que vou gañar pero tampouco que vou perder. 

Cal foi a súa labor no proxecto  “Shakespeare en Roma”?

Foi un espectáculo proposto e ideado por Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego, e consistía en poñer en escena catro textos de Shakespeare nun único espectáculo, cada texto representado en media hora. Son pezas longas. Recordo unha peza, traducida do inglés, que tiña que facer toda a adaptación orixinal para esa montaxe. Traballei duro, pero quedei contenta. Tivo moi boa acollida, con moitas funcións. Foi un reto moi grande, pero saíu ben. 

É o teatro a unha opción esquecida no ámbito cultural?

Penso que moitas veces o teatro non está visible, non se coñece a riqueza nas artes escénicas teatrais. Hai tantas arestas e formas de combinación que se unen o teatro, como danza, artes circenses, maxia…e para todos os gustos. Incluso a literatura dramática, que é a gran descoñecida. Sempre que hai programas que engloban a literatura narrativa ou a poesía pero non a dramática. 

Necesítanse máis espazos teatrais en Vigo?

Temos o exemplo do Ensalle, que leva 20 anos de resistencia. Sempre é necesario que existan máis. Pode ser unha idea que os espazos non estean so abertos na fin de semana, ou que existen residencias de creación. Seguir apostando polo teatro é importante. Hai xente que está facendo cousas moi novas, de pequeno formato, e non ten a posibilidade de mover o seu traballo a festivais especializados.

Te puede interesar