Balonmán

Isma Martínez, técnico do Porriño: “Funcionou o plan de amarrarse cos dentes ó partido”

O adestrador cangués do Porriño aproba unha acción do seu equipo.
photo_camera O adestrador cangués do Porriño aproba unha acción do seu equipo.
Isma Martínez, técnico do Porriño, suliñou que o pase é un logro de “equipo maduro”

Tras 60 minutos nun constante ir e vir de emocións, Isma Martínez estaba eufórico tralo empate do Porriño ante o Guardés, que metía ó equipo louriñés nas semifinais do play-off polo título de Liga. “É unha vitoria de equipo”, insistía unha e outra vez o adestrador cangués. “De equipo maduro”, engadía. “Amosouno na Guarda a semana pasada e hoxe estando seis abaixo. Somos conscientes de que estamos para competir con calqueira”, suliñou.

O adestrador do Porriño, que felicitou ó Guardés pola súa eliminatoria, recoñeceu a superioridade visitante “no primeiro tramo" e que tirou de libreto para atopar solucións. “O plan que funcionou foi o de amarrarse cos dentes ó partido”, exclamou, antes de pormenorizar. “Temos varios modelos. O primeiro non estaba a sair, e atopamos solucións con outros”, explicou.

Nese sentido, o traballo do equipo miñoto e, en concreto, de Amores sobre Buforn, propiciou novos camiños para as locais. “Sabiamos que elas ían subir intensidade e profundidade no lado dereito. Pero por iso esta é unha vitoria de equipo. Se non está unha, están outras”, destacou Isma, que se quita presión -"vaina ter o rival"- para as semifinais contra, probablemente, o Elxe. “Este partido honra o noso balonmán e desta volta tocounos sorrir a nós”, rematou.

Te puede interesar