Morre o poeta vigués Manuel Vidal Villaverde

Obituario

Foi durante moitos anos colaborador habitual de Atlántico coa sección “Camelias Street”

Publicado: 21 oct 2024 - 09:45 Actualizado: 22 oct 2024 - 11:38

Manuel Vidal Villaverde.
Manuel Vidal Villaverde.

O escritor e poeta Manuel Vidal Villaverde, nado en Vigo en 1946, morreu este domingo aos 78 anos. Foi durante moitos anos colaborador habitual de Atlántico coa sección “Camelias Street”. Tamén ten colaborado como xornalista en El Progreso, Faro de Vigo, Galicia Hoxe e outros, con artigos preferentemente literarios.

Ten publicado tamén diversos traballos nas revistas Man Común, Grial e Cuadernos para el diálogo, e mostras do seulabor poéticoen Coordenadas (poesía galega actual) e en Nordés. Era membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Na súa obra poética destacan “Luceiros fuxidíos”, de 1994, “A sombra do inimigo”, de 1998, e “Palabras para cando ti e mais eu sexamos vellos”. Nos seus traballos no amplo do ensaio, dúas pezas, “Contra o tempo”, de 2003, e “Manuel María: entre santos e navallas”, de 2016.

A rúa Camelias non vai voltar a ser a mesma tralo pasamento de Vidal Villaverde, a quen iría coma un traxe o que se dixo de Valle-Inclán, o seu admirado: “eximio escritor y extravagante ciudadano”. Verán e inverno, a veciñanza de Camelias estaba afeita o persoaxe e o seu camiñar paseniño dunha banda á outra, e así día tras días. Aseguraba que non había outra rúa tan literaria, coa súa presenza, a de Méndez Ferrín, outro ilustre do barrio, e alomenos dúas librarías, unha delas, xa pechada, do libro galego.

O estilo imposible e persoal de Vidal Villaverde tamén desaparece co vate. Tan difícil coma o seu carácter, sempre guerreiro, listo para unha liorta literaria. Como el mismo remataba nos seus escuros artigos en Atlántico, "anda boureo".

Contenido patrocinado

stats