Federico Pérez Rey: "Boto de menos máis mulleres nos carteis, están cheos de pirolas"
Subirá ao escenario do teatro García Barbón, ás 20:30 horas, con Jazmín Abuín, Oswaldo Digón e Manquiña
Federico Pérez Rey, nado en Alemaña en 1976, pero orixinario de Mazaricos, participará mañá nunha nova edición de Noites de Retranca. Subirá ao escenario do teatro García Barbón, ás 20:30 horas, con Jazmín Abuín, Oswaldo Digón e Manquiña.
O formato Comedy tamén triunfa en clave galega?
Noites de Retranca xa é case un clásico da escena galega os últimos anos. Darémonos paso uns aos outros, para ir contando a nosa versión dos feitos.
Dun cartel de catro cómicos, unha soa muller. Non se animan elas co humor?
Non o sei. Eu tamén boto de menos máis mulleres nos carteis. É certo que hai shows só integrados por elas, pero tamén o é que case tódalas programacións están cheos de pirolas. Igual é por herdanza ou porque os programadores confían menos nelas, non o sei.
En que inspira o seu humor?
Trato de contar cousas do rural, de onde procedo, revivir eses momentos nos que me criei e mesturalos co que pasa no ámbito urbano. Funciona ben. Sobre todo gústame rir de min mesmo, é a esencia da comedia e da vida.
Disque iso é de intelixentes.
Penso que axuda a desdramatizar e relativizar as cousas. Ao empezar o humor por un mesmo, evítase por intenso.
Algún tema tabú?
Toco todo ou case todo.
Hai personaxes que marcan. Que significou Moncho na súa traxectoria?
Non sei se abriu ou pechou portas, pero o Moncho significou moitísimo. Resume un pouco como somos os galegos. É emocionante que segan a chamarme Moncho pola rúa despois de tanto tempo do bum da serie “Era visto”. A min fíxome rir moito.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez