Unha comedia dramática, a aposta de Manquiña como guionista teatral

Manquiña e Sabela Hermida, na obra “Todo nunha noite” que se represanta mañá en Vigo.
photo_camera Manquiña e Sabela Hermida, na obra “Todo nunha noite” que se represanta mañá en Vigo.
Sabela Hermida: "Manquiña ten esa xenialidad para a improvisación, que nos permiten os monólogos, esa é a maxia do teatro"

“Todo nunha noite” chega á Vigo cunha soa función, mañá, ás 19:30 horas, no auditorio do centro cultural Afundación (con entrada por Marqués de Valladares). É o debut como guionista teatral de Manquiña, que ven de recibir o galardón pola mellor película por “O home e o can”, no festival vigués Cityblue Films.

Dirixido por Darío Autrán, de Abismo Caracol, o actor sube ao escenario xunto a outra viguesa, Sabela Hermida, que debullan todo tipo de temática actual dende a combinación de monólogos e dun diálogo entre unha actriz de éxito, Cleo, que quere cambiar de xénero e un director non recoñecido, Víctor, aos que lle une unha gran amizade. Cunha posta en escena sobria, súbese o telón e aparece un salón, dúas persoas e moito alcohol. Na trama, está anunciada a presenza de Deus e do diaño. Ao longo dunha soa velada, os dous persoaxes lograrán analizar tódalas contradiccións da sociedade nunha montaxe que califican de comedia dramática.

“O papel de Cleo ía facelo Ángela Andrada, pero foi baixa e ofrecéronmo a min. Eu xa traballei tanto con Autrán como con Manquiña, aínda que sempre proxectos cómicos, penso que a comunicación é moi doada entre nós, hai química”, afirmou Hermida.

Cunha función guionizada, tamén hai espazo para a improvisación. “Manquiña ten esa xenialidade e os monólogos danos esa posibilidade de improvisar lixeiramente, esa é a maxia do teatro, onde cada función é única e irrepetible”, explicou a coprotagonista.

Chega a Vigo no medio dunha xira que comezou na Estrada e que leva a producción por teatros e salas de toda Galicia. As entradas xa están á venda en ataquilla.com por 12 euros.

Te puede interesar