Monumento a Rubén Darío

Publicado: 31 mar 2011 - 02:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:48

Quen sería o toleirán que esnaquizou a machada das mans de “Carolo”, no monumento da Reconquista?

-Un dos moitos que andan soltos co seso baleiro e que gozan “escaragliando” todo o fermoso… Qures que che conte o do monumento a Rubén Darío.

-Se non hai máis remedio, pois..

-Imos: Para iso che pago esa cunca… Rubén Darío é o seudónimo de Félix Rubén García Sarmiento, poeta nicaraguano que viviu dende 1867 a 1916, grande renovador da poesía. O caso é que con motivo da súa exaltación universal, en Vigo dedicóuselle un monumento: Un penedo que levaba incrustado un artístico medallón coa súa efixie. Foi descuberto o día 20 de maio do 1972, nos xardíns da Alameda, en presencia dos seus doadores, entre eles o embaixador de Nicaragua en España, que acudiu á nosa cidade con tal motivo, o seu cónsul en Vigo e as autoridades municipais..

Despois da interpretación do himno nacional do seu país, o señor embaixador fixo o ofrecemento poñendo de manifesto a súa gratitude por o xesto da Corporación Municipal viguesa que soubo adherirse dende o primeiro momento ao homenaxe e lembranza que se estaba a render ó autor de 'Azul' e outras moitas mostras de excelente poesía que deixaron a súa pegada nas letras castelás de maneira indeleble. Ou sexa que se apertaron as amizades entre os nicaraguanos e os cidadans vigueses. E…

-E que máis?.

-Mais nada agás que no monolito quedou unha placa que dicía:

'Ofrenda a la ciudad de Vigo del Excmo. Sr. D. Justino Sansón Balladares, embajador de Nicaragua en España y D. Manuel Álvarez Tomé, Cónsul en Vigo, siendo Alcalde el Ilmo. Sr. Don Antonio Ramilo Fernández-areal, mayo 1972'. e que ao chegar a democracia desapareceu, xa se mira.

-Dirás que non se mira… E, por que?

-E o normal neste pais de fraternidade extrema. Cando un chega ao poder, ten que tirar fora as lembranzas dos anteriores…

-Pero o que esnaquizou a machada non era ningún alto cargo, digo eu…

Contenido patrocinado

stats