Fernando Ramos
Zarzalejos responde a la deriva de Sánchez y su ataque al periodismo
Para analizar o sucedido co adianto electoral en Aragón politólogos e palmeiros ten a santa nai política. E aí témolos desde o pasado domingo en faladoiros, conversas e entrevistas debandándose os miolos para explicar con retruécanos a sinxeleza do suceso. Suman e restan cantidades, levantan porcentaxes, comparan datos de poboacións, vaticinan acontecementos e tapan ou destacan intereses ideolóxicos. Está claro que Pitágoras debe rir ás gargalladas na súa tumba porque el sabía que as estatísticas non explican a vida, a cuantifícan ou a globalizan, simplemente. As teorías numerolóxicas do matemático grego son deterministas, pero explicar os datos é retórica subxectiva dos individuos que se atreven a xulgalos. Por tanto a sinxeleza do sucedido en Aragón aclárase mellor coa fe do carboeiro que coas calculadoras da IA e as amasadoras de xerar titulares de prensa.
Di o carboeiro, e eu sígolle, que en Aragón como en Extremadura a estratexia de Feijóo para encadear vitorias camiño da Moncloa fracasou e tanto Alfonso Fernández Mañueco como Juanma Moreno Bonilla xa puxeron as súas barbas a remollar. Está claro que a perversión de utilizar as institucións, onde goberna o PP, con intereses partidarios contra o sanchismo segue naufragando. En fronte, non hai dúbida de que o manual de resistencia de Pedro Sánchez non produce os réditos necesarios para flotar nos océanos da confusión xeral e perde eleccións. Á beira extrema dos populares Santiago Abascal sentouse á porta da súa casa para ver pasar o cadáver do contrario e en cada convocatoria as urnas bríndanlle un novo pastel de satisfacción. O resto de partidos fai de comparsa e canta ou chora segundo vaia a procesión. Así vemos como Podemos desvanécese, montado dacabalo de utopías nada pragmáticas ou absurdas porque ata a furia contra o sistema, razón do seu nacemento, rouboulla a extrema dereita.
A noite dos resultados aragoneses asistimos a unha interpretación surrealista de Miguel Tellado para explicar o triunfo de Jorge Azcón. O galego lembroume (en malo) ao defunto Fernando Esteso cantando ‘La Ramona’ e a continuación o presidente aragonés debeu de xantar un gran bocadillo de flouxetina con escitaloplam para amosar entusiasmo de palabras cando a súa cara reflectía decepción. Pilar Alegría se enxaugou as bágoas antes de saír a contar que contra o destino non hai espadas posibles. Foi un exemplo de resignación cristiá e como Agostiña de Aragón propúxose alcanzar a gloria do día despois cando fracasen os contrarios. Mellor quedou a recoller as botellas baleiras do banquete. É o que hai. Os de Vox non dixeron nada porque nunca teñen nada que dicir, a teoría déixana para o caudillo Santiago Abascal que outra vez sentiuse o Cid Campeador. E con razón. Tanto que ao día seguinte o señor dos Peares pediulle a paz da rendición de Breda con proclamas, como adoita, goras pero altisonantes.
Aragón mostrounos a un PP fagocitado por Vox e a un PSOE absolutamente orfo pola esquerda. Sumido na soidade dunha posible nova travesía do deserto. Aínda que ese domingo nos quedou o espello de Portugal onde o socialismo triunfou sobre a extrema dereita grazas ao bo sentido dos votantes de centro e ás dereitas responsables. Como Iberia é diferente a Francia, Alemaña e Italia, aínda que o PP morra en brazos de Vox, como lle sucede á dereita europea, debémonos preparar prevendo que o futuro será un partido a un só encontro entre Pedro Sánchez e Santiago Abascal porque ata en Génova 13 contan que empezou a se poñer o sol para o señor dos Peares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar