O Louriña gaña o ránking élite
Ciclismo
É a primera ocasión na que a entidade louriñesa finaliza como o mellor conxunto amateur de España
O equipo porriñés do Louriña (Lasal Cocinas-Grupo ODL-Creaga) acadou a vitoria no ránking élite da Federación Española de Ciclismo correspondente ó ano 2025. É a primera ocasión na que a entidade louriñesa finaliza como o mellor conxunto amateur de España. Un obxectivo que acadou grazas ó grupo, que, carreira a carreira, sumou unha boa cantidade de puntos, pero sen destacar no número de vitorias individuais. A segunda posición foi para o Extremadura (2.810), mentres que o High Level moañés ramatou quinto (1.994). No aspecto individual, Andrés Libardo Máncipe, do club porriñés, ramatou na terceira posición con 1.1110 puntos, por diante do seu compañeiro de formación Juan Pablo Sossa (1.057)
Pola súa banda, no ránking sub-23 destacou a vitoria individual do arousán Martín Rey (1.1.46), do Cortizo. A entidade de Padrón, ademais, impúxose na clasificación por equipos (3.339) por diante do Caja Rural (3.000).
Contenido patrocinado
También te puede interesar