A RODA Grupo vigués galardoado coa Medalla Castelao 2020

“Somos un grupo de Vigo, o 'pousa pousa' é a nosa esencia pero temos outras inquedanzas”

A Roda, coa súa formación actual.
photo_camera A Roda, coa súa formación actual.
n n n A Roda é sinónimo de Vigo e de Galicia. Non hai nin un só vigués, nin ningún só galego, que no cantara algún dos seus himnos: "O gato", "Pousa pousa", "O andar miudiño" e, sobre todo, "A foliada do Celta".

A formación, fundada hai 44 anos por, entre outros, Adolfo "Fito" Domínguez, Ricardo Collazo e Luis Vaamonde (irmán de Suso Vaamonde) recibe agora o máximo recoñecemento de Galicia, a Medalla de Castelao, que lles será entregada nun acto oficial o 28 de xullo, día no que se conmemora o retorno dos restos do insigne galeguista. A nova colleu aos membros en casa, onde viviron o parón da pandemia e donde agardan para comezar con novos proxectos. "Queremos actuar máis en Vigo", insiste Alfredo Dourado.
Qué supón para A Roda este recoñecemento?

É unha gran satisfacción. Para nós supón un recoñecemento a toda unha tradición. Como dicía Castelao, e é unha frase que repito e neste contexto máis por ser el, “a tradición non é a historia, a tradición é a eternidade”. A Roda está dentro desa eternidade porque sabe reinventarse. Comezou sendo un grupo de taberna que foi evolucionando.
O grupo A Roda está vencellado a Vigo dende os seus inicios.
A Roda naceu na taberna La Viuda, na zona vella de Vigo, aínda que moitos eran de Teis. Era xente que se xuntaba para cantar. Somos de Vigo, do Celta —temos o seu himno, a Foliada—, e non podemos ser máis de aquí. O que si queremos é cantar máis en Vigo e tocar máis en Vigo... Aquí o deixo caír (risas). Somos o grupo popular máis coñecido, a parte de Carlos Núñez e Siniestro Total.
Falaba de reinventarse. Que cambiou da Roda de 1976 a esta Roda xa entrada no século XXI?
Moito e pouco, realmente. Pouco, porque nos concertos seguimos a tocar o “Miudiño” e o “Pousa Pousa”; esa é a esencia e a bandeira da Roda. Pero xa pasaron máis de 45 anos e hai outra xente, outros músicos, con outras inquedanzas, e iso non quere dicir que non poidamos facer outras cousas. Xa se puido ver no Festival de Ortigueira e noutros moitos discos. É outra Roda con outro tipo de cancións e xéneros.
Xa hai tempo reivindicávanse como un grupo profesional, non só de música de taberna.
Traballamos na música e estudamos. Moita xente ten unha idea da Roda dese grupo de taberna, e está ben. Pero hai moitos anos que tenta ser profesional, e ademais nun momento complicado.
Como lles pillou a pandemia? Acababan de chegar dunha xira por Alemaña.
E despois xa non houbo máis publicacións no Facebook (risas), porque cremos que hai cousas que non se fan por 'streaming'. Houbo un parón, pero seguimos a traballar. Temos proxectos parados, como unha gravación con Lucía Pérez pensada para o Xacobeo 2021.
Colleulles nun bo momento?
Este ano estabamos a viaxar moitísimo. Estivemos en Hannover, en Bonn... Tiñamos pendentes ir a Brasil este ano. A Roda, ao final, é un grupo que a xente na emigración coñece moi ben. É un grupo con moita traxectoria e na emigración coñecen as súas cancións.
Imaxino que con este galardón terán algún especial recordo nestes momentos?
Loxicamente, a todos os que estiveron dende o principio na Roda, aos fundadores, coma o meu pai, Fito (voz grave do grupo, xa falecido). Nós somos outra xeración. Os que fundaron o grupo, os que loitaron e estiveron aí foron eles. Nós continuamos dunha maneira que, penso, non desvirtúa seu legado. Espero que estean contentos porque isto é por eles.n

Te puede interesar