vigo

Renovada a Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo

Hermo, Martín, Reigosa, Nogueira, Lago y Rivo.
photo_camera Hermo, Martín, Reigosa, Nogueira, Lago y Rivo.
n n n A Universidade de Vigo, a Asociación Galega da Empresa Familiar, Inditex e o Instituto de la Empresa Familiar firmaron un convenio para renovar a Cátedra de Empresa Familiar. 
“No ADN da Universidade está a colaboración coas empresas e entendemos que esa colaboración público-privada é un acto de primeira magnitude que nos permite mellorar o país”, dixo o reitor, Manuel Reigosa, no acto de sinatura, no que agradeceu a confianza depositada pola Asociación Galega da Empresa Familiar na institución académica, así como o traballo desenvolvido polos investigadores que traballan neste ámbito, no que as empresas pertencen nunha porcentaxe maioritaria a unha familia.
Pola súa banda, Víctor Nogueira, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, manifestou a súa satisfacción polo traballo que se está a desenvolver a través da cátedra, que considera “un exemplo de colaboración entre empresa e universidade e mesmo un exemplo dentro da Asociación Española de Empresa Familiar”. A cátedra conta cun financiamento anual de 25.000 euros durante catro anos.n

Te puede interesar