Santiago Ferragud, escritor e músico

"A chegada da república e da CNT a Vigo foi o xerme do movemento sindical e da folga do 72"

Santiago Ferragud, na súa visita a Atlántico TV. Gonzalo Pamies
photo_camera Santiago Ferragud, na súa visita a Atlántico TV. Gonzalo Pamies

Santiago Ferragud, coñecido pola súa participación no grupo musical Xardín Desordenado, ven de publicar a súa primeira novela, “Todo chega dende o mar”. Unha novela que aborda a historia recente da cidade e da que falou no set de Atlántico TV

 

 

É unha ficción pero con moito de realidade.

“Todo chega dende o mar” está baseado en feitos reais. Comeza na folga do 72, na que eu tiña 24 anos e xa era un profesional que traballa para unha das auxiliares dos estaleiros, onde houbo un importante seguimento.

Cúmprense 50 anos desa folga. Foi o detonante para esta publicación?

O libro vai por moitos camiños, remata falando dos pais deses folguistas, porque a chegada da República en Vigo e da CNT foi o xerme do movemento sindical e da folga do 72. É unha historia que levaba enriba hai moito tempo e  de súpeto explosionou hai tres anos.

Que peso tiveron estes acontecementos para o franquismo?

Foi unha folga organizada a a nivel local, poucos meses despois da de Ferrol, que tivo dous mortos, Amador e Niebla, estaba pois plantexada ante un réxime que disparaba. Tratouse dunha derrota espectacular, non conseguiu ningunha das súas reivindicacións y tiveron moitos despedidos, pero foi unha victoria tremenda que parou Vigo durante quince días e marcou o destino do réxime. Foi a punta de lanza doutros movementos en toda España.

Asemade, vencella o 72 a acontecementos posteriores como os fusilamentos ou o Grapo.

E que foi así. Os grapos vigueses, os líderes, partiron desta folga, Álvaro Collazo ou Hierro Chomón, chegaron de Francia, no maio 68, e instaláronse na industria local e participaron na folga, plantexaron movementos revolucionarios que non prosperaron, pero foron o embrión do PCr. En poucos días, Vigo convertese en noticia tráxica: Baena é fusilado con catro persoas máis polo franquismo e o Grapo mata a catro policías ás portas de bancos, vigueses morrendo fusilado, e vigueses iniciando unha loita armada. Está no libro, é un fío condutor moi dramático pero real.

É froito de inspiración ou de documentación?

A escrita levoume un par de anos, pero a preparación foron moitos anos de documentación moi analóxica, de ir as hemerotecas, consultar panfletos sindicais e ler os libros que eles mesmos publicaron. É o camiño da cidade ao longo da historia.

Inclúe vivencias persoais?

Non estiven implicado en sindicatos, eu era un protestón máis do montón. Anos antes xa na cidade había outra forma de contestación ao réxime más cultural, chegaban libros de Kerouac, Henry Miller o Hemingway. Esas lecturas contribuíron a formar masa crítica. Cando chegou CCOO atopou caldo de cultivo, os piquetes son fundamentais, pero é imprescindible que haxa simpatizantes.

Busca con este libro cubrir unha lagoa na historia local?

Espero que si. Foi un compromiso que xurdiu coa xente que coñecín. Nunca estiven próximo ao Grapo, pero si as xuventudes de comunistas. En tódalas casas había noticias da República e do golpe de Estado, un día tiven a necesidade de contalo. Falta a cara A, eses mesmos sucesos vividos por min e polos meus.

Te puede interesar