+ deporte

Pazó y Cimpeán amasan máis ca ninguén nos Muíños

O tempo desapacible engadiu maior beleza todavía ó roteiro, marcado pola extrema pendente da zona dos Muíños, ademais doutros puntos de interese paisaxístico do percorrido no concello do Rosal
photo_camera O tempo desapacible engadiu maior beleza todavía ó roteiro, marcado pola extrema pendente da zona dos Muíños, ademais doutros puntos de interese paisaxístico do percorrido no concello do Rosal
Máis de oitocentas persoas participaron na terceira edición do Trail Muíños do Folón, con dúas distancias e unha andaina
A espectacularidade da paisaxe dos Muíños do Folón, no concello do Rosal, voltou ser a protagonista da terceira edición dun trail que vai camiño de converterse nun clásico. Máis de oitocentos deportistas estiveron presentes o pasado domingo nunha cita que contou con dúas distancias diferentes -a 'Advance', de 21 quilómetros e a 'Adventure', de 12-, ademais dunha andaina.
Daniel Pazó e Alina Cimpeán foron os gañadores no trazado longo e José Antonio Losada e Lorena Freire levantaron os brazos no curto.
Todo isto nunha xornada con chuvia, o que provocou maior caudal nos regos e lameiro nos camiños, para engadir un extra de dureza e de espectacularidade a un roteiro impresionante por si só.n

Te puede interesar