+ deporte

A Invasión Celeste chegou ós oitocentos atletas en Balaídos

Nas diversas quendas participaron os nenos que non chegaban á idade mínima para formar parte das carreiras cronometradas ó redor do campo vigués.
photo_camera Nas diversas quendas participaron os nenos que non chegaban á idade mínima para formar parte das carreiras cronometradas ó redor do campo vigués.
A cita, con case cincocentos nenos, estivo marcada pola choiva e o ambiente familiar 
Días de choiva e lameiro, pero tamén de certa diversión. Precisamente máis para os nenos que para os maiores, que padeceron un pouco máis as inclemencias meteorolóxicas e tamén as fochancas que apareceron debido as precipitacións ó longo do paseo do Lagares. 
A pesar do orballo continuo que caeu na xornada dominical, a Invasión Celeste volveu a ser multitudinaria, con ata 800 participantes das diversas categorías, que volveron a crear un ambiente familiar no interior do campo de fútbol de Balaídos, o epicentro do evento. 
Os rapaces de idade máis baixa, os Chiquiceltas, foron os primeiros en competir, aínda que no seu caso sen cronómetro nin clasificación ó ser especialmente pequenos, de menos de sete anos. Ordeados por quendas na liña de saída, tiñan que cubrir a distancia correspondente a unha banda do campo de Balaídos, pegadiños á bancada. Alí recibían os ánimos doutros atletas e de familiares. Os pequenos, como é habitual nesa idade, saían á maior velocidade posible e algún que outro rematou no chan debido ós habituais tropezóns entre tantos pés con ánimo de vitoria. Tamén é cóstume ver como algún que outro participante, tras un inicio especialmente rápido, ten algún que outro problema para chegar ata o final. 
Xa ás 11:30 horas chegou o momento das carreiras sobre 1.000 metros para os cativos entre as categorías sub-10 e a sub-16. Nesta caso xa se controlaba o tempo e o percorrido tiña saída e chegada no interior do campo, pero cunha volta polas rúas da zona. Os gañadores foron Mario Costa e Olivia Gutiérrez, en sub-10; Leire Brun e Samuel Carracelas, en sub-12; Samuel Alonso e Irene Carrera, en sub-14; e Lucas Madera e Leyre Martínez, en sub-16. 
Ó mediodía estaba marcada a carreira para adultos, que tivo un comezo especialmente rápido pola saída de José Moreno, que despois foi rebasado por Celso Comesaña, gañador da proba. Este atleta é, habitualmente, guía en atletismo de Susana Rodríguez Gacio. En mulleres, a vitoria foi para Fernanda Martín, por diante de Noemí Gómez.n

Te puede interesar