Atletismo

Con ledicia para as da casa

20200120215557632
photo_camera O Mar de Vigo mandou nas categorías femininas coa vitoria en cadetes e na proba absoluta.
Cristina Torres e Laura Alonso, do Mar de Vigo, acadaron a vitoria en Porto do Molle no duatlón organizado polo club vigués
O Triatlón Mar de Vigo organizou o pasado domingo no polígono industrial de Porto do Molle o primeiro Duatlón Popular de Nigrán, que remataron un total de 134 deportistas e que resultou especialmente satisfactorio na categoría feminina porque as deportistas da entidade olívica obtiveron dúas vitorias. 
A representante do club anfitrión, Cristina Torres, marchouse no primeiro treito de carreira sobre 5.000 metros con Silva García e Uxía Fernández, para chegar xuntas á primeira transición e nos últimos metros da bicicleta deixar atrás as súas rivais e comezar a última volta, de novo dea pé, con seis segundos de renda, que foron vinte ó final da proba. Torres, en idade sub-23, tamén mandou nesta categoría.
Por detrás, Laura Alonso loitou coa sua compañeira María González para acadar a vitoria en cadetes. Cruzou a meta na quinta posición. 
Pola súa banda, en homes, a vitoria recaeu no vigués Celso Comesaña, que defendeu as cores do Atletismo Porriño. O olívico, habitual guía da paralímpica Susana Rodríguez en atletismo, amosou neste sector toda a súa fortaleza porque chegou algo retrasado ós últimos 2.500 metros de carreira a pé, tras ceder unha decena de segundos na bicicleta ante a parella do Artrogal formada por Ricardo León e Carlos Juanatey. Non obstante, a velocidade do vigués resultou notable porque cruzou o arco de meta con nove segundos sobre León. Por detrás, Xoel Rodríguez, do Olímpico de Vedra, mandou na categoría sub-23 tras unha exhibición sobre a bicicleta, pero con tempos de carreira lentos. 
Na idade cadete, o máis rápido foi David González, do Cidade de Lugo Fluvial, que superou con claridade a Javier Fernández, do Rías Baixas, e a Carlos Bautista, do Atletismo Porriño. 
A cita deixou un gran sabor de boca no Mar de Vigo, que aposta por manter a proba no calendario.n

Te puede interesar