Sheila Patricia: “Estou nun ecosistema onde moita xente busca outras vías para a música”

Sheila Patricia, no set de Atlántico Diario.
photo_camera Sheila Patricia, no set de Atlántico Diario.
“Cando te xuntas con xente nova xorden cousas novas, hai que vivir e experimentar”, di a cantautora galega, que presenta o seu último tema, “A falsedá”

A cantautora Sheila Patricia visitou o set de AtlánticoTV para falar do seu single “A falsedá”, que abre nova etapa creativa, materializado nun álbum próximo a saír, producido por Berto. Nas primeiras semanas na plataformas xa achegou ás 2.000 reproduccións en Spotity.

 

 

“A falsedá” é todo un risco compositivo.

É un tema moi diferente, foi unha simbiose con Berto en colaboración con Ash Diz. Cando te xuntas con xente nova xorden cousas novas. Hai que vivir e experimentar. 

Supón a súa consolidación como representante galega da música de fusión entre tradición e electrónica? 

Non sei se tanto como a representante, pero si formo parte dun ecosistema onde moita xente está a buscar novas vías para a música, é un movemento non local, senón a nivel mundial. É inevitable que xoguemos cos elementos que temos a man.

Con esta fórmula atrae á mocidade á música de raíz?

Creo que é interesante poder introducir conversas e promover a discusión sobre a tradición dende un lugar de modernidade. Igual está moi manido, pero é impresionante que unha copla de tradición oral con más de 200 anos como é “A falsedá” diga cousa tan fortes e poida facer que nos sintamos identificados con letras con tanto tempo. É importante traelos ao presente e darlle luz. A tradición explica o que somos.

No seu caso, ten na súa casa influencias doutro lado charco. Como enriquece o seu son?

Como tantos galegos son filla de xente que naceu en Latinoamérica. O meu pai é dalá, fillo de emigrantes galegos. Esa mestura era un ecosistema que estivo na casa. Sempre bebín dela, foi a miña banda sonora, pero non sempre a toquei. É unha fonte inesgotable de inspiración e tamén unha débeda familiar. Esta música plantéxase como un universo marabilloso.

Agora que certos intérpretes de música urbana cosifican a muller. Insiste na súa mensaxe feminista?

Creo que a cosificación da muller é unha constante na música e en todas partes. A sensualidade é un valor importante na comunicación. Creo que non hai que eludila pero tampouco hai que usala como ferramenta para someter a muller. Nesta sociedade non pode ser, hai que cambiar o chip.

O lanzamento deste tema é un avance do novo disco?

É o avance nun traballo que xa ven. Está case todo o disco, baixo a produción de Berto coa colaboración de Ash. É unha viaxe moi bonita e interesante. Eu non deixo de facer música en acústico, máis adiante vou lanzar un tema só acompañado por guitarra e violín. Con todo, penso que tamén se pode experimentar. Apetéceme facer un pouco de baile este ano.

Natural de Redondela, para cando se lle poderá ver en concerto por estes lares?

Este ano estou máis centrada no labor creativo en tódolos seus ámbitos. Só vou tocar en agosto e setembro, aínda non anunciamos as datas, pero haberá bolos en primavera. Estou preparando gran show con bailarinas, pero tamén eventos con pouco público. Será unha promoción pensada para a xente que me sigue fielmente e agosto abriremos as comportas.

Te puede interesar