O Marco e o IES Castelao, escenario dos actos institucionais polas Letras Galegas en homenaxe a Xela Arias

photo_camera O acto institucional da Xunta no IES Castelao.

Concello e Xunta marcaron dous lugares e dúas horas diferentes para rendir homenaxe a Xela Arias, a poeta distinguida nas Letras Galegas 2021 pola Real Academia Galega.

O goberno local abríu a apretada axenda do 17 de maio en Vigo cun acto íntimo nunha das salas do Marco. O alcalde, Abel Caballero, exerceu de anfitrión dando a benvida a Vigo ao presidente da RAG, Víctor Freixanes, aos académicos que o acompañaban; a presidenta do Consello Galego da Cultura, Rosario Álvarez, asemade aos familiares de Xela, entre os que estaba a súa nai, Amparo Castaño e o seu fillo, Darío Gil Arias. Nun acto sobrio, destacou a lectura do bando municipal do Día das Letras Galegas que recuperou o texto que a mesma Xela Arias escribira para esta efeméride no 2001, que escomenza dicindo "A nosa si é unha de encontro". A recepción municipal acabou cunha foto familiar coa obra de Mar Vicente de fondo.

Unha hora despois o presidente da Xunta chegaba ao IES Castelao, o instituto do Calvario onde Xela cursou Secundaria. Nun acto moi máis protocolario e con maior cobertura mediática, Feijóo defendeu "un idioma como ponte e non valado". Dixo de Xela Arias que representa "a transición entre a Galicia rural (Sarria) e a urbana (Vigo); ela loita contra o tópico, o dobregar axuda de maneira decisiva a que a lingua se mergullar naquel Vigo dos oitenta".

Interviron tamén o presidente da Real Academia Galega, quen volveu destacar o carácter innovador de Xela; Mónica Soto, amiga da homenaxeada e membro do claustro do IES Castelao, quen a puxo de exemplo para as novas xeracións e o fillo, Darío Gil, quen tomando ás mitoloxía grega de guía, en lembranza, agradeceu as contribucións persoais para que este recoñecemento se dese.

A aportación musical chegou da man da Banda da Loba, con dous temas baseados na poesía de Xela "Darío a diario" e "Intempériome". O cuarteto de cámara da Coral Casablanca puxo broche de ouro coa interpretación do himno galego.

Te puede interesar
Más en Día das Letras Galegas