Exploración estilística e conceptual

Darío a diario (1996).
photo_camera Darío a diario (1996).
A de Arías é unha voz que levou ao límite a poesía e promoveu a interacción da palabra e a escrita coa música e a imaxe

A rebelión, a modernidade, a experimentación e a liberdade foron unha constante na vida e obra de Xela Arias, unha figura que rompeu cos cimentos e as estruturas arcaicas, cos roles  predefinidos e que explotou a linguaxe para edificar unha independencia estilística e conceptual que segue de plena actualidade.

Xela Arias publica a súa primeira obra en 1986, “Denuncia  do equilibrio”, da man de  Edicións Xerais de Galicia, agora reeditada e con prologo de Olga  Novo, autora recoñecida co Premio Nacional de Poesía do 2020. O libro adianta trazos que distinguirán a súa dicción poética e que a afastan da “estética dominante e canonizada” na denominada poesía dos oitenta.

O seu segundo libro é “Tigres coma cabalos” (1990), un “proxecto abrazado, querido e gratificante” en palabras da autora, que toma forma en textos e fotografías concibidas como un todo.

“Darío a diario” (1996) nace da súa experiencia coa maternidade.  Ademais de se concibir como un agasallo a Darío, o libro ten vocación de diálogo colectivo arredor da maternidade e as súas mitificacións e desvela ao tempo á autora na súa propia experiencia afastada das idealizacións da sociedade patriarcal.

En 2003 publica “Intempériome”, unha obra que se expón á intemperie, na núa e radical soidade dunha voz que interroga, cuestiona, difire, afástase e revólvese.

"Poesía reunida (1982-2004)” recolle a poesía editada da escritora, os catro libros, e reúne a obra dispersa publicada en xornais e revistas. Unha completa aproximación ao corpus poético da autora.

O Consello da Cultura Galega ven de publica en edición facsimilar “Non te amola!”, un relato das experiencias da autora aos nove anos, das que acontecen e das que lembra, e incluso das mentiras que se lle ocorren e que as veces poden ser o mellor do día.

Te puede interesar
Más en Día das Letras Galegas