atletismo

Un mar de mulleres á carreira por Vigo

A xornada comezou cunha sesión de 'latin dance' que serviu de quecemento da proba, unha actividade necesaria antes de comezar a correr porque                                     algunha das mulleres chegou con gañas de durmir.
photo_camera A xornada comezou cunha sesión de 'latin dance' que serviu de quecemento da proba, unha actividade necesaria antes de comezar a correr porque algunha das mulleres chegou con gañas de durmir.

La Carrera Femenina organizada por El Corte Inglés reunió ayer a 1.170 mujeres, que finalizaron la prueba frente al Náutico (en la foto) tras salir del centro comercial en Gran Vía y recorrer cinco kilómetros por las principales calles del centro de Vigo. Aldara Fonseca se llevó el triunfo por delante de la céltica Cristina Estévez.  El dinero de la instcripción se destinó este año a la Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo.

O Atlántico, cando está calmo antes do mediodía semella un espello azul nas costas viguesas. Onte, dende uns minutos antes das 11:00 horas e ata case as 13:00, pareceu que un pouco de auga do mar escapou polas rúas da cidade porque as mulleres participantes na Carreira Feminina trocaron este ano o rosa polo azul claro que tinguiu o centro de Vigo. 
Ata un total de 1.171 corredores completaron o percorrido entre a Gran Vía e as inmediacións do Náutico de Vigo, que este ano tiña como principal novidade pasar pola rúa Príncipe para alongar o trazado ata os 5.000 metros. Deste xeito, as participantes tiveron que realizar unhas cantas zancadas máis nunha competición que continúa con tendencia favorable con moitos metros costa abaixo, pero que xa ten un punto de esixencia pola lonxitude e o tempo preciso para cubrila. 
Aínda así, o aspecto da competición pura non é o punto forte da cita, pero si existiu con vitoria de Aldara Fonseca, que superou á céltica Cristina Estévez na liña de chegada. Dolly Darlen García foi terceira tras superar ó sprint a Karen Castro, que rematou na cuarta posición. 
Despois, pouco a pouco foron chegando os distintas participantes na cita. Unhas o fixeron correndo e máis dunha camiñando. O color azul da camiseta foi o máis utilizado con moita diferencia, pero no medio do grupo había camisolas de clubs de atletismo e tamén algún que outro disfrace, que nunca está de máis nunha cita que combina o festivo co deportivo e, incluso, o reivindicativo.
Na parte solidaria, a Carreira Feminina de 2019 destinaba fondos á ONG Mulleres en Igualdade, que realiza diversas actividades no ámbito local en Vigo e no área metropolitana. Durante toda a proba estivo o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que misturouse co milleiro de mulleres, para dar a saída e, ó finalizar, participar na clase colectiva de zumba, que serviu para pechar o evento no medio do sorteo de agasallos, un momento sempre esperado nesta cita que xa é tradicional no atletismo vigués.
Aldara Fonseca cubriu o trazado en 18 minutos e dous segundos, mentres que a última corredoras superou a hora de carreira. Non sería a única porque moitas das participantes optaron por facer a proba a un ritmo cómodo, incluso camiñando por moitos momentos porque a Carreira Feminina Andar e Correr é unha proba de tranquilidade e paciencia, curta, pero para deleitarse con amigas de toda a vida ou ocasionais antes, durante e despois da proba.

Te puede interesar