Rueda pide catro anos máis para o proxecto de Lorenzo

Alejandro Lorenzo, ayer con Alfonso Rueda, en la presentación oficial de su candidatura.
photo_camera Alejandro Lorenzo, ayer con Alfonso Rueda, en la presentación oficial de su candidatura.
“O Porriño é imparable e quero seguir mellorándoo”, dixo o alcalde e candidato do PP á reelección na presentación da súa candidatura

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou que o ano largo de Alejandro Lorenzo como alcalde valeu por dúas lexislaturas grazas á súa dedicación e á súa capacidade de traballo, pero que aínda así queda moito por facer: “Necesita, polo menos, catro anos máis para consolidar este proxecto dun O Porriño extraordinario no que a xente quere vivir e traballar”. Resaltou que o actual alcalde e candidato á reelección non descansa nin un só día e que está acompañado dun equipo detrás con experiencia e xestión que merece toda a confianza para que o 28 de maio este municipio siga sendo un lugar estable e non unha coalición de perdedores que non se entenden entre eles. Alfonso Rueda manifestou querer o mellor para O Porriño, como reflicten algunhas das medidas tomadas desde o Goberno galego que beneficiaron a este concello. Reivindicou neste sentido o tipo de administracións que, como a Xunta e o Concello do Porriño, están a dar facilidades ás empresas e industrias que queiran crear riqueza, a escoitar aos veciños e responder ás súas demandas, ao sentidiño e á política de verdade.  “O que queremos o próximo 28 de maio é estabilidade, rigor, consenso avance e un O Porriño con maioría absoluta de Alejandro Lorenzo”. 

Pola súa banda, o candidato sinalou que os seus avais son “o traballo e a xestión”, reivindicando a transformación levada a cabo no concello en só 15 meses na alcaldía. “O Porriño é imparable e quero seguir mellorándoo. Móveme o orgullo que sinto de ser porriñés, do meu pobo e da miña xente. Eu quero ao Porriño e quero levalo a mellor”, indicou. Lorenzo opta á reelección cunha candidatura que ofrece experiencia, responsabilidade e resultados: “Somos a única opción de goberno estable, unido e disposto para O Porriño”. Dixo que os veciños terán que elixir entre “un goberno unido e con capacidade” ou “un goberno formado por seis diferentes, que defende cada un as súas siglas e que non se entenden entre eles”. Sobre a súa candidatura, Alejandro Lorenzo remarcou que se trata dunha lista “diversa e na que todos os porriñeses e porriñesas se poden ver reflectidos”.

Te puede interesar